Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL POR IMPORTE DE 18.000 EUROS
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL POR IMPORTE DE 18.000 EUROS
Marián Ferreiro destacou o traballo de Cofer e comprometeu o apoio do goberno local a iniciativas vencelladas ao asentamento de empresas e a creación de emprego na cidade
Narón, 8 de outubro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou onte co presidente da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer), Cristóbal Dobarro, un convenio de colaboración entre o Concello e a citada entidade. No acto estivo tamén presente o concelleiro de Promoción Económica, David Pita.
A través deste acordo, tal e como figura no documento, apóstase por “potenciar a colaboración entre ambas partes na difusión de iniciativas e actividades a respecto da realidade socioeconómica do Concello que sexan de utilidade para as traballadoras e os traballadores do municipio e tamén outras accións que promovan, directa ou indirectamente, a creación de emprego e o asentamento empresarial en Narón”.
O Concello aportará unha partida de 18.000 euros en base a este convenio. A alcaldesa, Marián Ferreiro, valorou o traballo que desenvolve Cofer en Ferrolterra, Eume e Ortegal e destacou o compromiso do goberno local de respaldar entidades e iniciativas encamiñadas a promover a implantación de empresas na cidade e a creación de emprego.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal