Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA O ESPECTÁCULO "NO CAMIÑO" E O ÚNICO CONCERTO EN GALICIA DA XIRA "SILENTE", DE JORGE DREXLER
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA O ESPECTÁCULO
As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, se ben as do concerto de Jorge Drexler están a piques de esgotarse
Narón, 9 de outubro de 2019. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana o espectáculo No Camiño, da compañía Setestrelo, e un concerto de Jorge Drexler, que ofrecerá en Narón a única presentación en Galicia do seu último traballo, “Silente”. As entradas dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es, se ben as do concerto de Jorge Drexler están a día de hoxe a piques de esgotarse.
“No Camiño” é un percorrido polos camiños de Santiago que entran en Galicia, no que se mesturan a fotografía, o vídeo, a presentación teatralizada, o canto e a música. O espectáculo poderá verse este venres, día 11, a partir das 20.30 horas, e ten unha duración aproximada de hora e media. A través desta presentación a compañía Setestrelo aposta por levar ao público a través do Camiño de Santiago dende a súa butaca, poñendo en valor a música galega, tanto de autor como temas compostos para este camiño en concreto. As entradas teñen un prezo de 5 euros para o público xeral e poderán entrar de balde os menores de 10 anos.
Na xornada do sábado, día 12, será o turno do cantautor Jorge Drexler, que presentará o seu último traballo, “Silente”. Drexler regresa a un dos seus formatos máis celebrados, cunha guitarra e a súa voz, combinados con caixas de ritmos para xerar paisaxes sonoras e visuais ao servizo da forma das súas cancións. Trátase dun concerto unipersoal, en formato solista, e co silencio como materia prima e marco para a comunicación no que o público terá unha actitude activa co silencio moi presente. As entradas teñen un prezo de 20 euros para o público xeral e de 14 para abonados, desempregados ou persoas con carné xove ou de estudante (ata 14 anos).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal