Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL RENOVA OS SEUS EQUIPOS INFORMÁTICOS
O Concello adquire 30 novos ordenadores, entre eles dous adaptados a persoas con dificultade visual
Narón, 22 de xaneiro de 2009.- As concelleiras de Novas Tecnoloxías, Paloma González, e Bibliotecas, Manuela Pérez Sequeiros, realizaron hoxe unha visita á Biblioteca Municipal do Alto para presentar ós medios de comunicación os novos equipos informáticos dos que dispón este espacio de lectura e estudio. Trátase de 30 ordenadores co sistema operativo Office 2007 equipados con 2 gigas de memoria, pantallas TFT de 19 pulgadas, ratón óptico, conexión USB e lector de tarxetas para archivos dixitais. Ademáis, 2 dos equipos están adaptados para persoas con dificultades visuais, dispoñendo de monitores máis grandes e dun sofware instalado pola Organización Española de Ciegos (ONCE) que permite modificar o tamaño da letra, entre outras prestacións. Os ordenadores están instalados na segunda pranta da Biblioteca, e para facer uso deles é imprescindible rexistrarse previamente no mostrador de entrada, presentando o carnet de socio ou o DNI e cubrindo un formulario identificativo. Os usuarios disporán dun tempo máximo de 90 minutos no cal haberán de respetar as normas (non está permitido o seu uso para chatear, xogar, descargar música e vídeos, SMS, e páxinas de contidos non apropiados para unha biblioteca pública). Esta zona dispón tamén de conexión wiffi, para que os internautas que o desexen poidan conectarse co seu ordenador portátil. Actualmente, os lectores poden elexir entre os 31.741 fondos bibliográficos dos que dispón a Biblioteca do Alto, e que poden consultarse neste enderezo web: www.opacmeiga.rbgalicia.org. Seleccionando a localidade de Narón, a páxina amosa o catálogo de lectura desta biblioteca, e nun prazo breve de tempo permitirá tamén ó usuario facer as súas suxerencias literarias e reseñas sobre títulos que xa están nas estanterías deste lugar. A adquisición dos equipos forma parte dun plan de mellora e actualización da Biblioteca Municipal, que a data de hoxe dispón dun total de 12.306 socios (para aboarse é necesario aportar a fotocopia do DNI e dous fotos de carnet, cubrir un impreso e pagar unha cuota simbólica dun euro anual). O horario de apertura ó público é de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 22:00, e os sábados pola mañá no mesmo horario. O servizo é público e poden facer uso del tódalas persoas de Narón e do resto da bisbarra.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal