Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O COORDINADOR DO EQUIPO DE EDUCACIÓN VIARIA DO CONCELLO DE NARÓN, PEDRO CANEIRO, RECIBIU ONTE EN MADRID A MEDALLA DE OURO Á EDUCACIÓN VIARIA
O COORDINADOR DO EQUIPO DE EDUCACIÓN VIARIA DO CONCELLO DE NARÓN, PEDRO CANEIRO, RECIBIU ONTE EN MADRID A MEDALLA DE OURO Á EDUCACIÓN VIARIA
O presidente da Fundación Española para a Seguridade Vial (Fesvial), Luis Montoro, foi o encargado de entregarlle a Pedro Caneiro a medalla e un diploma polo labor desenvolvido na área de Educación Viaria en Narón
Narón, 11 de outubro de 2019. O coordinador do equipo de Educación Viaria de Narón, o axente da Policía Local Pedro Caneiro, desprazouse a Madrid para recoller, onte, a Medalla de Ouro á Educación Viaria. Caneiro recibiu da man de Luis Montoro, presidente da Fundación Española para a Seguridade Vial (Fesvial) un diploma acreditativo do recoñecemento e a Medalla de Ouro dos Premios Nacionais de Seguridade Viaria para as Policías Locais.
O acto de entrega tivo lugar nas instalacións do recinto de Ifema, en Madrid, no transcurso da celebración da Feira Trafic, na III Convención Nacional de Seguridade Viaria para as Policías Locais. Caneiro recibiu unha das oito Medallas de Ouro concedidas onte, a única este ano concedida en Galicia. No acto tomaron a palabra o director de Fesvial e o secretario xeral de Unijepol, Miguel Ángel García. Unha vez rematado o acto, Caneiro agradeceu o recoñecemento outorgado e destacou o traballo realizado dende o equipo de Educación Viaria de Narón, en base ao compromiso do goberno local con esta área. Representantes de diferentes organismos e cidades presentes no acto interesáronse polo intenso traballo que se leva a cabo en Narón dende hai varios anos e do que tiñan constancia a través de diferentes medios, tal e como lle indicaron no acto a Caneiro.
O axente Pedro Caneiro forma parte do plantel da Policía Local de Narón dende o ano 1991 e exerce o seu traballo no equipo de Educación Viaria –xunto coa tamén axente da Policía Local Sonia López- dende hai 14 anos. A concellería de Seguridade Cidadá, dirixida polo edil Román Romero, impulsa os diferentes proxectos e iniciativas que se levan a cabo ao longo do ano a través do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón.
Os premios concedidos onte en Madrid están organizados por Fesvial, en colaboración con Unijepol e están tamén respaldados pola FEMP, a DGT, a Fundación CNAE, Ifema e a Feira Trafic. Representantes da Asociación para o Estudio da Lesión Medular (Aesleme) participaron tamén na convocatoria, xunto con outras entidades da área da educación viaria.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal