Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OBRAS AO "XI CONCURSO DE PINTURA CIDADE DE NARÓN"
ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OBRAS AO
As persoas interesadas en participar dispoñen de prazo ata o día 31 de outubro para entregar os seus traballos no Pazo da Cultura
Narón, 14 de outubro de 2019. O Padroado da Cultura de Narón abre hoxe o prazo de presentación de obras ao “XI Concurso de Pintura Cidade de Narón”, que repartirá 2.850 euros en premios. As persoas interesadas en participar dispoñen de prazo ata o día 31 deste mes para presentar os seus traballos pictóricos no Pazo da Cultura (rúa Holanda s/n; C.P.: 15.570, Narón), en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, de luns a sábados.
Neste certame establecéronse dúas categorías, unha para persoas adultas, a partir de 16 anos, e outra que estará fóra de concurso, a infantil, para menores ata 15 anos. Os participantes deben presentar unha obra, sen sinatura, orixinal e na con liberdade á hora de elixir técnica e estilo, tal e como consta nas bases.
O primeiro premio está dotado con 1.500 euros e a obra pasará a ser propiedade do Padroado da Cultura de Narón e a ilustrar o cartel anunciador do certame o vindeiro ano. O autor ou autora da obra non poderá presentarse ao certame nas dúas vindeiras edicións e terá dereito a unha exposición de quince días da súa obra no Pazo. O segundo premio está dotado con 750 euros; o terceiro con 400 e tamén se entregará o Premio Especial Francisco Criado, dotado con 200 euros e en recordo a un pintor veciño de San Xiao xa falecido.
As obras que o xurado seleccione para pasar á fase final do concurso permanecerán expostas no Pazo da Cultura do 11 ao 23 de novembro, sendo esta última data, o Día de Narón, festividade local, cando se procederá á entrega de premios deste concurso.
As bases ao completo desta edición do certame poden consultarse a través da páxina web do Concello de Narón: http://www.naron.es/web/docs/Diptico_XI_concurso_pintura.pdf.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal