Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA PRESIDENTA DE ASFEDRO POR IMPORTE DE 5.000 EUROS
Marián Ferreiro e Rosario Alabau coincidiron na importancia de traballar na área da prevención donde a alcaldesa recordou os programas que se están impulsando na cidade centrados en diferentes adiccións
Narón, 14 de outubro de 2019. O Concello de Narón e a Asociación Ferrolana de Drogodependencia (Asfedo) renovaron hoxe o convenio de colaboración entre ambas partes, tras asinar a alcaldesa, Marián Ferreiro, e a presidenta da entidade, Rosario Alabau, o correspondente acordo, por importe de 5.000 euros. No acto estivo tamén presente o concelleiro de Sanidade, Santiago Galego. En virtude a este convenio continuarase desenvolvendo o programa de Educación para a saúde no ámbito da acción social co colectivo afectado por drogadiccións. A través do acordo prestarase asesoramento ao Concello e tamén atención a persoas derivadas dende o Servizo Sociocomunitario municipal ou que poidan acceder ao recurso prestado polos profesionais de Asfedro. Así mesmo, continuaranse levando a cabo accións dirixidas á prevención de condutas adictivas, como o obradoiro impulsado nos centros de ensino de Educación Secundaria de Narón, cunha duración de 40 horas; o obradoiro de Habilidades sociais dirixido ao mesmo alumnado e tamén de 40 horas, e impartindo módulos específicos de prevención de condutas adictivas nas Escolas de Familias municipais, estes últimos de 16 horas. Estas accións lévanse a cabo en coordinación co Servizo Sociocomunitario Municipal e coas unidades de traballo social do Concello naronés. A presidenta de Asfedro, Rosario Alabau, asegurou que “temos distintos programas que grazas a este convenio podemos financiar, fundamentalmente centrados na área da prevención, que é fundamental”. Finalmente, a alcaldesa da cidade agradeceu o labor que desenvolve a asociación, o que coincidiu en destacar o edil de Sanidade. Ferreiro recalcou ademais que “un concello, se non existe un tecido asociativo con xente implicada non podería chegar á xente de igual xeito para prestar o importante servizo que prestades dende as entidades”. A alcaldesa recordou que dende o Concello xa se está traballando tamén con determinados colectivos, como os escolares, no tema das “novas adiccións”, como é o caso do consumo de alcohol, os videoxogos, a ludopatía, etc.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal