Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO CONMEMORA HOXE O DÍA INTERNACIONAL DE CONCIENCIACIÓN DA MORTE XESTACIONAL E PERINATAL
O CONCELLO CONMEMORA HOXE O DÍA INTERNACIONAL DE CONCIENCIACIÓN DA MORTE XESTACIONAL E PERINATAL
O Concello conmemora esta data coa lectura dun manifesto por parte de representantes da asociación Bolboretas no ceo e a iluminación da glorieta de Freixeiro de cor azul e rosa, tal e como indicou o concelleiro de Sanidade, Santiago Galego
Narón, 15 de outubro de 2019. O Concello conmemora hoxe o Día Internacional de concienciación da morte xestacional e perinatal. Ás 12.00 do mediodía tivo lugar a lectura do manifesto impulsado pola asociación Umamanita, a máis relevante a nivel estatal en dó xestacional e perinatal e respaldado por dezanove entidades, entre elas Bolboretas no ceo. O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, participou na convocatoria, xunto con outros representantes do goberno local e na que participaron tamén Beatriz Brage e Almudena Rodríguez, representantes da asociación Bolboretas no ceo, así como algunhas familias.
A encargada de ler o manifesto foi Almudena Rodríguez que, emocionada, recordou que “a morte dun fillo ou unha filla durante o embarazo, o parto ou ao pouco de nacer é devastador para unha familia, sen dúbida unha das peores experiencias”. No documento aludiuse aos cadros de depresión e estrés postraumático das mulleres que sofren este tipo de experiencias e denunciouse o feito de que “é común que non reciban o apoio que precisan no sistema sanitario ou no entorno social”. Así mesmo, e “para acabar con este silencio a nivel social, sanitario e institucional”, as entidades a través deste manifesto solicitan ao goberno central que invirta tempo e diñeiro na creación dunha estratexia dirixida á redución e prevención da mortalidade xestacional e perinatal. A maiores, o colectivo pide un rexistro público para inscribir aos bebés que falezan durante o embarazo e respecto para as familias, así como atención sanitaria de calidade, entre outras peticións.
O concelleiro de Sanidade, rematada a lectura, agradeceu o “gran labor” que desenvolve a asociación Bolboretas no ceo e amosou o respaldo do goberno local ás reivindicacións plantexadas dende o colectivo e encamiñadas a evitar o sufrimento das familias. Así mesmo, Galego recordou que esta noite se iluminará de cor azul e rosa a glorieta de Freixeiro en sinal de respaldo ás citadas reivindicacións e para dar maior visibilidade a este colectivo.
As persoas interesadas en contactar coa asociación Bolboretas no ceo, que mensualmente organiza reunións nas instalacións da AVV de Perlío (Fene) –os últimos sábados de mes ás 16.30 horas- poden facelo a través das súas redes sociais, Facebook e Instagram, tal e como indicaron dende a entidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal