Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REFORZARÁ A VIXILANCIA DE ESPAZOS PÚBLICOS PARA EVITAR ROUBOS E DESPERFECTOS NO MOBILIARIO URBÁN
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, denunciou o roubo de varios elementos de mobiliario urbán esta semana no Parque do Río Freixeiro
Narón, 15 de outubro de 2019. O Concello intensificará a vixilancia de espazos públicos da cidade para evitar roubos e desperfectos de mobiliario urbán. Así o indicou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, que denunciou que esta mesma semana se rexistraron roubos de mobiliario urbán no Parque do Río Freixeiro. O edil indicou que tras recibir un aviso os axentes desprazáronse ao lugar para redactar o pertinente atestado e valorar os danos ocasionados. Romero explicou que, tal e como consta no informe policial, faltan cinco pezas metálicas das que recubren a base das árbores localizadas na beirarrúa do citado paseo, todas elas ubicadas na zona máis próxima á rúa Martínez de la Rosa. Así mesmo, faltan dúas tapas de rexistro de recollida de augas pluviais, nesa mesma ubicación, e dous tramos de tapas de rexistro de drenaxe de auga –unha de seis metros e outra de catro- que estaban na beirarrúa do paseo, nas inmediacións das escaleiras próximas á rotonda de Freixeiro. Os axentes que se desprazaron á zona afectada polo roubo colocaron conos de sinalización para marcar a área afectada e evitar posibles riscos aos viandantes. O concelleiro de Seguridade Cidadá apelou á colaboración cidadá para que “no caso de que vexan algunha conduta sospeitosa de roubo avisen de inmediato á Policía Local, para deste xeito poder, entre todos e todas, erradicar este tipo de roubos e, na medida do posible, contribuír a identificar ás persoas implicadas que, ante a presenza dos axentes, disuaden da súa conduta”. Romero subliñou que este tipo de actos “repercuten negativamente nas arcas locais, e polo tanto nos recursos das naronesas e naroneses, ao ter que afrontar o Concello os gastos derivados dos roubos e danos sobre o mobiliario urbán”. O edil naronés avanzou que “dende o goberno local intensificaremos a vixilancia nos espazos públicos da cidade para evitar roubos como o rexistrado esta semana no Parque do Río Freixeiro”. Tamén recordou Romero que as persoas que rouben ou provoquen desperfectos no mobiliario urbán serán denunciadas e afrontar as reclamacións económicas que por danos ocasionados e perxuízo á administración se estipulen legalmente.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal