Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO PROGRAMA VARIAS ACTIVIDADES ENMARCADAS NO PROGRAMA APEGO EN CENTROS CÍVICOS SOCIAIS E DIRIXIDAS A NENOS E NENAS
O CONCELLO PROGRAMA VARIAS ACTIVIDADES ENMARCADAS NO PROGRAMA APEGO EN CENTROS CÍVICOS SOCIAIS E DIRIXIDAS A NENOS E NENAS
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que se trata de propostas de balde e para as que é preciso inscribirse previamente
Narón, 16 de outubro de 2019. O Concello de Narón programou a través da área de Ensino, dirixida pola edil Mercedes Taibo, varias actividades enmarcadas no programa Apego, de socialización de nenas e nenos en galego. Entre este mes e novembro deste ano terán lugar tres espectáculos -cun total de seis funcións- no termo municipal. A primeira das citas será este venres, día 18, no Centro Cívico Social de San Xiao, donde ás 17.30 e ás 19.00 horas –primeira e segunda sesión respectivamente- Lidia Pena protagonizará o espectáculo “As cores”.
A proposta de Lidia Pena é un contacontos que comeza cunha serie de dinámicas grupais nas que se abordan temas como a igualdade e se introduce a lingua de signos e rematará cun obradoiro de elaboración dun mural colectivo. Os destinatarios deste espectáculo son nenas e nenos de 3 a 8 anos e as súas familias, podendo asistir un máximo de trinta menores que terán que estar acompañados por unha persoa adulta. O prazo de inscrición, a través do Servizo de Normalización Lingüística de Narón, remata o vindeiro venres, día 18.
Así mesmo, tamén este mes, o día 25, Musicreques ofrecerá dúas sesións de "Contacontos musicais para bebés". Neste caso as citas, pensadas para menores de 0 a 3 anos e as súas familias, serán ás 17.00 e ás 18.15 horas no Centro Cívico Social “Os Irmandiños”, do Val. Loreto Pérez e Alma Cendán son a autora e ilustradora, respectivamente, dos contos que se poderán escoitar nas sesións, con efectos musicais, cancións, ilustración e rimas, así como manipulación de obxectos. “A Chicharra Dora”, “Cada cousa no seu lugar”, “O caracol viaxeiro”, “A galiña Carmiña” e “A tola de Lola” son parte dos contos que estarán presentes neste espectáculo, para o que o prazo de inscrición será do 21 ao 25 deste mes.
En novembro será o turno de Raquel Queizás, que protagonizará o día 22 –ás 17.30 e 19.00 horas- no Centro Cívico Social do Couto o espectáculo “Somos iguais”. Os nenos e nenas de 3 a 8 anos son os destinatarios desta convocatoria, protagonizada por Queliña, que quere ser aviadora e cos seus anteollos de pilota foi buscar unha serie de contos para demostrar que os nenos e nenas somos iguais, de valentes e de sensibles. Xunto a Queliña os asistentes a este espectáculo descubrirán unha serie de historias, algunhas protagonizadas por animais, que rachan con certos estereotipos que abundan nos contos. O prazo de inscrición será, neste caso, do 18 ao 22 de novembro.
Para inscribirse nestas propostas de Apego é preciso facilitar os seguintes datos: nome da actividade, nome e idade do neno ou nena, nome da nai, pai ou persoa que o acompañe, enderezo electrónico, e teléfono de contacto, enviando os datos a: a.pita@naron.es.
A concelleira de Ensino animou ás veciñas e veciños de Narón a inscribirse nestes espectáculos, “cos que poderán desfrutar cos nenos e nenas dunha serie de propostas moi didácticas á par que divertidas” e destacou a aposta nesta ocasión por desenvolver as tres actividades en tres centros cívicos sociais municipais da zona rural de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal