Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE PREMIOS DA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO COMERCIO LOCAL DE NARON
Participaron un total de 159 establecementos comerciais do municipio
Narón, 29 de xaneiro de 2009.- A Concelleira de Promoción Económica, Angeles Díaz, entregou hoxe os premios correspondentes á Campaña de promoción do comercio local “Comprar en Narón, ten premio” organizada polo Concello en colaboración coa empresa Eventi Narón. Durante o acto de entrega de premios, a Edil felicitou ós gañadores e apostou por fomentar o pequeno comercio “xa que articula e contribúe a crear cidade”, dixo. Angeles Díaz lembrou que esta é a segunda campaña de promoción do comercio local promovida dende o Concello, xa que no Nadal do 2007 lanzouse a primeira, baixo o slogan “Narón, comercio de ilusión”. A concelleira votou a vista atrás e asegurou que ambas tiveron unha grande aceptación por parte dos comerciantes e tamén dos consumidores. Na campaña “Comprar en Narón, ten premio” participaron un total de 159 establecementos comerciais do municipio, de todo tipo (comercio textil, zapaterías, ultramarinos, ópticas, perfumerías e droguerías, xogueterías, moblerías, etc…). A duración da mesma foi de 1 mes -dende o 15 de decembro ata o 15 de xaneiro- e a dinámica do concurso consistíu na entrega de vales de participación por cada compra superior ós 20 euros, que os consumidores depositaron en urnas coas que se fixeron os sorteos. A Concelleira de Promoción Económica entregou hoxe tres vales para tres viaxes (para 2 persoas cada un deles), e outros tres vales de compra de 1.000 euros cada un, para gastar en comercios de Narón entre o venres e o sábado. Angeles Díaz aproveitou o acto para anunciar novas actividades que contribúan a dinamizar este sector “ e se pode ser en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón, aínda mellor”. A este respecto, a Edil destacou a orixinalidade dunha campaña que está a levar a cabo actualmente esta asociación, que permite mercar utilizando as antigas pesetas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal