Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO INICIA MAÑÁ OS ACTOS DO PROGRAMA DE CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA
O CONCELLO INICIA MAÑÁ OS ACTOS DO PROGRAMA DE CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA
A Axencia de Lectura municipal da Gándara acollerá mañá un concertó de Xoan Curiel e este sábado desenvolveranse os actos centrais na Praza de Galicia, tal e como recordou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 17 de outubro de 2019. O Concello de Narón conmemorará o Día Internacional da Biblioteca cun completo programa de actos que se iniciará mañá nas instalacións da Axencia de Lectura da Gándara. Así o recordou a concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, indicando que ás 20.00 horas dará comezo o espectáculo de Xoán Curiel, “Pobre poesía”, no que pon voz a varias poetas, maioritariamente galegas pero tamén doutros países como Portugal ou Brasil, entre outros. Poetas clásicas e contemporáneas, como Rosalía de Castro, Alda Merini ou Antía Otero están moi presentes neste espectáculo de Curiel, no que tamén se poderán escoitar algunhas cancións deste músico lucense.
Na xornada do sábado, día 19, a cita será en horario de mañá e tarde na Praza de Galicia, no Alto do Castiñeiro. Alí permanecerá instalada unha gran carpa –que permanecerá aberta de 11.00 a 14.00 e dende as 17.00 ata as 20.00 horas- baixo a que se sucederán as actividades previstas, dirixidas a todo tipo de público. A filóloga, actriz e titiriteira ourensá Raquel Queizás será a encargada do primeiro dos espectáculos que terán lugar baixo a carpa da Praza de Galicia, ás 12.00 horas, o contacontos para bebés “O xogo de Nano”. A continuación, ás 13.00 horas haberá un obradoiro infantil, “Estrafalaria”, a cargo da artista grovense Atenea García, no que se combina a narración oral coa manipulación de obxectos. Durante a tarde haberá un concerto de A Banda do Garaxe, da Asociación Cultural Musical Sementeira, que comezará ás 17.00 horas e ás 18.00 horas iniciarase un obradoiro de ilustración dirixido a persoas de tódalas idades, a cargo de Babaluva.
As instalacións da Biblioteca municipal, na rúa 25 de Xullo, permanecerán pechadas este sábado durante todo o día, ofrecéndose todos os servizos, agás o de préstamo, na Praza de Galicia.
A programación coa que se conmemorará en Narón o Día Internacional da Biblioteca continuará desenvolvéndose nas vindeiras semanas tanto nas instalacións da Biblioteca municipal como nas Axencias Municipais de Lectura da Gándara e A Solaina. A primeira das propostas será a vindeira semana, de luns a sábado, cando terá lugar na Biblioteca unha nova edición de “Trocolibro”, para intercambio de libros e outros materiais que se colocarán nunha mesa na planta baixa e da que se poderá levar un exemplar deixando ou non outro a cambio, tal e como apuntou Taibo. Finamente poderase ver o día 26 deste mes, ás 11.00 horas, o contacontos “Miña terra, meu lar”, de Caxoto Contacontos e para nenas e nenos a partir de 4 anos.
Na Axencia de Lectura municipal da Gándara o día 21 ás 17.00 horas presentarase o novo servizo de xogos de mesa, que estarán clasificados por idades e que do que se poderá gozar no horario de apertura das instalacións.
Na Axencia de Lectura municipal e Ludoteca da Solaina tamén se programaron varias actividades. O día 21 deste mes, de 18.00 a 19.00 horas, haberá un obradoiro de construción de xogos e xoguetes con material de refugallo para nenas e nenos de 7 a 12 anos e que se realizará novamente o día 22, no mesmo horario para menores de 3 a 6 anos. O día 23 ás 17.00 proxectarase unha película ou documental relacionado coa protección do medio ambiente e a ecoloxía, unha proposta tamén para menores de 3 a 12 anos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal