Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA E A EDIL DE BENESTAR SOCIAL VISITARON AOS PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA QUE AFAL IMPARTE EN PIÑEIROS
A ALCALDESA E A EDIL DE BENESTAR SOCIAL VISITARON AOS PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA QUE AFAL IMPARTE EN PIÑEIROS
Marián Ferreiro e Catalina García estiveron acompañadas polo presidente de AFAL Ferrolterra, Francisco Pantín, e os directores asistencial e de administración da entidade, Noelia Ríos e José María Otero, respectivamente
Narón, 18 de outubro de 2019. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Benestar Social, Catalina García, desprazáronse esta mañá ao Centro Cívico Social de Piñeiros para visitar aos participantes no obradoiro de Estimulación Cognitiva en Estadios iniciais para persoas afectadas de alzhéimer ou outras demencias. Alí estiveron acompañadas polo presidente de AFAL Ferrolterra, Francisco Pantín, a directora asistencial, Noelia Ríos, e o director de administración, José María Otero.
Catro persoas participan dende o pasado mes de setembro nos citados obradoiros, nos que se ofrece, tal e como se recordou dende a entidade, “un abordaxe integral a persoas diagnosticadas de deterioro cognitivo leve ou en fases iniciais de alzhéimer, con grupos reducidos de persoas homoxéneas para ofrecer unha intervención individualizada próxima ao entorno social e familiar da persoa”. Así mesmo, a través desta iniciativa, ofrécese apoio psicosocial aos familiares das usuarias e usuarios con asesoramento individual e reunións grupais de apoio.
A alcaldesa e o presidente de AFAL valoraron o traballo que se está realizando dende a entidade, coa que o Concello mantén dende hai anos un convenio de colaboración a través do que se organizan, entre outras actividades, os obradoiros de Estimulación cognitiva. Trátase de sesións que se ofrecen por primeiro ano de balde –en virtude ao convenio co Concello- e para as que as persoas interesadas poden inscribirse nas oficinas de AFAL, no baixo da rúa Río Castro 43-45 (Ferrol), chamando ao número de teléfono 981 370 692 ou a través do Servizo Sociocomunitario de Narón, no primeiro andar do Consistorio. As sesións celébranse os martes e venres, con periodicidade semanal, entre as 11.00 e as 13.00 horas.
Pantín agradeceu a colaboración prestada dende o Concello naronés á entidade, unha colaboración que Marián Ferreiro se comprometeu a manter para continuar ofrecendo este servizo aos veciños e veciñas da cidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal