Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A AXENCIA DE LECTURA DA GÁNDARA ESTREARÁ ESTA TARDE O NOVO SERVIZO DE XOGOS DE MESA
A AXENCIA DE LECTURA DA GÁNDARA ESTREARÁ ESTA TARDE O NOVO SERVIZO DE XOGOS DE MESA
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que poderán utilízalo as persoas con carné da Rede de Bilbiotecas
Narón, 21 de outubro de 2019. A Concellería de Bibliotecas ofrecerá dende esta tarde un novo servizo a través da Axencia de Lectura municipal da Gándara. As persoas co carné da Rede de Bibliotecas poderán desprazarse a diario ás instalacións –ubicadas na Casa da Mocidade- para facer uso do citado servizo entre as 16.00 e as 20.00 horas, tal e como indicou a concelleira responsable da área, Mercedes Taibo.
Os xogos poderán utilizarse na propia Axencia de Lectura da Gándara ou no hall da Casa da Mocidade e están clasificados por idades e temáticas, según explicou a edil naronesa. Así mesmo, Taibo avanzou que se comeza cunha decena de propostas –como Jenga, Conecta 4, Letra a Letra, Story Cubes…- coa intención de incrementar esa oferta de xogos de mesa nos vindeiros meses.
“Tralo inicio das obras de mellora de accesibilidade na Biblioteca central, actualmente en execución e que nos obrigaron a pechar temporalmente a sala infantil, temos reforzado o horario da Axencia de Lectura municipal da Gándara, donde se prestará este novo servizo, que animo a utilizar ás veciñas e veciños de Narón, dende esta mesma tarde”, apuntou.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal