Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO MANTERÁ ABERTO ATA O DÍA 28 DESTE MES O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA O PAGO DE LIQUIDACIÓNS DE ACOMETIDAS DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO NO RURAL
O CONCELLO MANTERÁ ABERTO ATA O DÍA 28 DESTE MES O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA O PAGO DE LIQUIDACIÓNS DE ACOMETIDAS DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO NO RURAL
As axudas poden tramitarse a través do Rexisto municipal ou da Sede Electrónica do Concello, estando tamén dispoñible a información sobre as mesmas no Servizo Sociocomunitario municipal
Narón, 21 de outubro de 2019. O Concello de Narón manterá aberto ata o vindeiro luns, día 28 (incluído), o prazo de solicitude de axudas para o pago das liquidacións tributarias de acometidas para abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros na zona rural. Así o indicou a concelleira de Benestar Social, Catalina García, que recordou que o Concello destinará unha partida máxima de 80.000 euros a estas subvencións. O importe destinarase, tal e como se explicou, ás acometidas realizadas con posteridade ao remate do prazo de solicitude de axudas convocadas dende o ano 2013 ata o último día do prazo de solicitude deste ano en novos tramos das parroquias de Castro, San Xiao, O Val, Pedroso, San Mateo e Sedes, e nos tramos de núcleo rural próximos á zona urbana, nos lugares de As Cobas, Cornido e Outeiro.
A maiores, tamén se subvencionarán as obras de acometidas que estando rematadas dentro do prazo de solicitude das axudas da convocatoria de 2013 se atoparan pendentes de recibir a notificación da liquidación tributaria do importe dos traballos ao remate do prazo de convocatoria.
Poderán solicitar estas axudas os propietarios de vivendas con escasa capacidade económica que houberan satisfeito ou deberan satisfacer (se solicitaron ou teñen concedido o fraccionamento de pago) o importe das taxas xeradas para conectarse á rede de auga ou alcantarillado. Os solicitantes das axudas deben estar empadroados en Narón, na vivenda para a que solicitan a subvención, tal e como figura nos requisitos.
As solicitudes poden presentarse a través do modelo oficial do Concello xunto coa documentación correspondente na Sede Electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello. As persoas interesadas en recibir máis información poden consultar a Sede Electrónica do Concello, ou dirixirse ao Servizo Sociocomunitario –no primeiro andar do Consistorio-.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal