Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNS 2.400 ESCOLARES DE NARÓN E COMARCA ASISTIRÁN ESTA SEMANA ÁS FUNCIÓNS DA "XXXV MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL"
UNS 2.400 ESCOLARES DE NARÓN E COMARCA ASISTIRÁN ESTA SEMANA ÁS FUNCIÓNS DA
O Padroado da Cultura organiza esta convocatoria, na que colaboran a Deputación da Coruña e a Axencia Galega das Industrias Culturais
Narón, 21 de outubro de 2019. Preto de 2.400 escolares de Narón e comarca desprazaranse esta semana ao Pazo da Cultura para presenciar as representacións programadas no marco da “XXXV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil” do Padroado da Cultura, que comezou a pasada semana. A compañía Elefante Elegante encargarase das seis funcións que se desenvolverán entre mañá e o xoves –dúas por día- para representar a obra “Patapatúm”.
Na xornada de mañá será o turno de alumnado de primeiro a cuarto de Primaria dos colexios Santiago Apóstol de Narón, e dos centros San Isidro e Maciñeira, de Neda, Os Casais e Centieiras de Fene e Santiago Apóstol de Franza, un total de 351 rapazas e rapaces que acudirán á sesión das 10.00 horas. Ás 12.00 horas será o turno de 417 escolares de primeiro a cuarto de Primaria dos colexios do Feal, de Narón; As Mirandas, de Ares, O Ramo, de Barallobre, A Laxe, de Ferrol e Eladia Mariño, de Pontedeume.
O mércores día 23 ás 10.00 horas acudirán á Mostra 391 alumnas e alumnos dos colexios da Gándara, de Narón, e Isaac Peral, de Ferrol, e á función das 12.00 asistirán 416 escolares do colexio naronés Jorge Juan e dos centros Unión Mugardesa, de Mugardos, A Xunqueira, de Fene, San Ramón, de Moeche, Ponzos e Manuel Masdías, de Ferrol, e Virxe da Cela, de Pontedeume.
Por último, este xoves acudirán ás 10.00 horas un total de 401 alumnas e alumnos dos colexios Ponte de Xuvia, Piñeiros e Virxe do Mar, de Narón, e Juan de Lángara, de Ferrol e GOA San José de Pontedeume e ás 12.00 será o turno de 417 escolares dos centros de ensino naroneses da Solaina, CRA, Ayala e Santiago Apóstol.
A “XXXV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil” do Padroado da Cultura de Narón continuará o 29 e 30 deste mes no Pazo, coa representación de “Os fillos do sol”, da compañía Contraproducións para 1.145 alumnas e alumnos de terceiro e cuarto da ESO e primeiro e segundo de Bacharelato. Os días 5, 6 e 7 de novembro terán lugar as representacións programadas para 1.773 escolares no Auditorio municipal, a cargo da compañía Ghazafelhos, que representará a obra “Acuario” para alumnado de educación Infantil de colexios de Narón e comarca. No mes de decembro serán as representacións programadas nas tres escolas infantís municipais –A Gándara, A Solaina e Piñeiros- e na unidade de Infantil do colexio Santiago Apóstol de Narón, que nos seus propios centros verán o espectáculo “Redondo”, de Caramuxo Teatro.
En total, uns 8.000 alumnos e alumnas de colexios de Narón e doutros concellos da comarca acudirán ás representacións desta Mostra organizada polo Padroado da Cultura e na que colaboran a Deputación da Coruña e a Axencia Galega das Industrias Culturais.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal