Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
APROBADO O NOVO REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DAS ESCOLAS INFANTIS MUNICIPAIS
APROBADO O NOVO REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DAS ESCOLAS INFANTIS MUNICIPAIS
O prazo para novas solicitudes estará aberto do 2 ó 31 de marzo.
Narón, 29 de xaneiro de 2009.- A Corporación Municipal aprobou hoxe en sesión plenaria ordinaria o novo Regulamento de Réxime Interior das Escolas Infantís Municipais (EIM) de A Solaina, Piñeiros e A Gándara. Este novo documento foi redactado a petición da Xunta de Galicia, a quen se lle remitirá á vez que permanecerá a exposición pública.

O novo regulamento introduce varias novidades respecto ó que xa existía no Concello, sobre todo no que se refire á participación dos pais e nais (a través de asociacións) na vida e actividades das EIM. Tamén ofrece ás familias a posibilidade de utilizar as escolas infantís durante os 12 meses do ano, en casos excepcionais. Outro dos cambios refírese ó prazo de renovación da matrícula para os nenos que xa están escolarizados nas EIM, que nesta ocasión será entre o 14 e o 28 de febreiro. Ademáis, o servizo de comedor pasará a estar supervisado por un pediatra, o que contribuirá á mellorar a calidade do mesmo.

O prazo para novas preinscripcións estará aberto do 2 ó 31 de marzo de 2009.

Outro dos puntos do pleno de hoxe foi a aprobación da modificación do Plan de Urbanismo. A Corporación decidíu adxudicar á empresa asturiana Dolmen S.L. os traballos de redacción e revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) por importe de 287.100 euros. Esta firma abrirá un despacho en Narón e ofrecerá asistencia técnica posterior á aprobación da revisión do PXOM, ademáis de utilizar o Sistema de Información Geográfica (SIG) para desenvolver o seu traballo.

Por outra banda, o Pleno aprobou a ordenanza fiscal nº 29, que regulará a taxa polos servizos de prevención e extinción de incendios e salvamento, que prestarán os Bombeiros de Ferrol no termo municipal de Narón gracias ó convenio firmado a finais do 2008 por ambas institucións. O tributo será obligatorio en caso de extinción de incendios e as súas alarmas, afondamentos totais ou parciais de edificios ou instalacións, ruinas, derrumbamentos, inundacións, salvamentos e outros feitos similares. Non estarán suxeitos a esta taxa as situacións derivadas dunha catástrofe pública ou calamidade.


Outros acordos

A Corporación Municipal tamén aceptou a renuncia de Xoán Gato á súa acta de concelleiro, logo de haber feito o mesmo co seu cargo de Presidente-Alcalde do Concello de Narón, o pasado 20 de xaneiro, para centrarse na súa candidatura ó Parlamento de Galicia. O Alcalde, Xose Manuel Blanco, conservará as súas competencias de Urbanismo e Facenda ata a chegada do novo concelleiro –Jose Luis Suárez-, que obligará á restructurar algunhas áreas de goberno. O Pleno acordou hoxe solicitar á Xunta Electoral Central a nova acta de concelleiro.
En relación con este asunto, o Pleno deu conta do nomeamento dos novos Tenentes de Alcalde, na seguinte orde:

1º Angeles Díaz Pardo (PP)
2º Guillermo Sánchez Fojo (TEGA)
3º Manuela Pérez Sequeiros (TEGA)
4º Pablo Mauriz Romero (TEGA)
5º Serafín González Pena (PP)
6º Natalia Hermida Rico (TEGA)

Ademáis, se deu conta da designación de Guillermo Sánchez Fojo como portavoz do grupo municipal de Terra Galega (TEGA), e Manuel Ramos Rodríguez en sustitución deste.
Pola súa parte, o Alcalde de Narón, Xose Manuel Blanco, foi nomeado representante do Concello nas seguintes entidades: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ferrol, Consello de Administración de COSMA, Padroado da Fundación “Parque Científico Tecnolóxico Río do Pozo”, e Padroado da Fundación “Terra de Trasancos”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal