Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PARQUE DO RÍO FREIXEIRO ACOLLERÁ MAÑÁ A PRESENTACIÓN Á CIDADANÍA DO PROGRAMA ´NARÓN EN TRANSICIÓN´
A presentación á veciñanza do programa municipal “Narón en transición”, impulsado a través da Concellería de Medio Ambiente, dirixida polo edil Santiago Galego, terá lugar mañá sábado, a partir das 11.30 horas, no Parque do Río Freixeiro
Narón, 25 de outubro de 2019. A concienciación cidadá sobre o grave problema do cambio climático no medio ambiente é o obxectivo principal do programa municipal “Narón en transición”, impulsado a través da Concellería de Medio Ambiente, dirixida polo edil Santiago Galego. A presentación oficial deste programa á veciñanza terá lugar mañá sábado, a partir das 11.30 horas, no Parque do Río Freixeiro, tal e como recordou o concelleiro naronés. Galego animou ás veciñas e veciños de Narón a acudir a esta convocatoria “para coñecer as diferentes propostas que levaremos a cabo na cidade nos vindeiros meses para informar sobre a ameaza que supón o cambio climático e o seu impacto a nivel medioambiental, económico e social, así como a importancia de artellar solucións e aplicalas no día a día para minimizar os efectos desta grave problemática”. As persoas que se acheguen á citada ubicación pola mañá terán a oportunidade de ver unha mostra de actividades que estarán divididas en varias áreas. Enxeños solares, obradoiros de chapas, de construción e de reciclaxe de plástico, patinetes eléctricos, alimentación saudable e xogos populares forman parte destas áreas nas que se realizarán diferentes actividades. Os asistentes deberán recoller uns tickets que se entregarán baixo unha carpa instalada na zona e cando visiten tres das cinco estacións habilitadas no marco do programa “Narón en transición” recibirán como agasallo unha bolsa promocional desta iniciativa, reutilizable e realizada con telas recicladas. O programa “Narón en Transición” céntrase nas tres “erres”: reducir, reciclar e reutilizar”, e impulsará, entre este ano e 2020 unha serie de accións encamiñadas a concienciar á cidadanía sobre a importancia de coidar e respectar o medio ambiente. Estas propostas que se desenvolverán no marco do programa centraranse en tres áreas: itinerarios didácticos, obradoiros e outros eventos, entre os que se inclúen: Regatos urbáns, Árbores senlleiras e Ciclo da auga; Reciclaxe de plásticos, Separación de residuos e Chef solar e, por último, convocaranse unha Feira solar e outra da reciclaxe.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal