Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHA VINTENA DE REPRESENTANTES DO SECTOR HOSTALEIRO LOCAL PARTICIPARÁN MAÑÁ NO OBRADOIRO "PRODUTOS DA RÍA: MARISCOS"
UNHA VINTENA DE REPRESENTANTES DO SECTOR HOSTALEIRO LOCAL PARTICIPARÁN MAÑÁ NO OBRADOIRO
A iniciativa enmárcase no programa municipal Narón Gastronómico, que inclúe outras propostas para as vindeiras semanas
Narón, 28 de outubro de 2019. O Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, acollerá mañá o obradoiro “Produtos da ría: mariscos”, no que participarán un total de doce establecementos de hostalería da cidade, a través de algo máis dunha vintena de persoas. A convocatoria será a partir das 17.30 horas e rematará sobre as 20.00 horas, e a persoa encargada de impartilo será Miguel Ángel Campos, presidente do Grupo Nove, cociñeiro e propietario do restaurante A Gabeira, establecemento con 1 Sol Repsol e incluído na prestixiosa Guía Michelin entre os Bib Gourmand dende 2018.
Durante dúas horas e media os participantes neste obradoiro terán a oportunidade de coñecer da man deste prestixioso empresario e cociñeiro como se elaboran diferentes especialidades a base de marisco. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, recordou que esta iniciativa, enmarcada no Club Narón Gastronómico, “permitirá ofrecer asesoramento aos hostaleiros da cidade a través dun profesional do sector, o que redundará nos seus propios establecementos e nos permitirá ademais potenciar o consumo e as múltiples posibilidades culinarias que ofrece o marisco da nosa ría”.
A vindeira proposta que se levará a cabo a través do Club Narón Gastronómico serán as Xornadas do Marisco da Ría “Os sabores da Ría no prato”, que terán lugar de xoves a domingo, do 14 ao 17 e do 21 ao 24 de novembro e nas que xa se inscribiron catorce establecementos de hostalería da zona urbana e rural. Os produtos protagonistas serán cinco especies da ría que se poderán degustar nos citados establecementos: ostra salvaxe, zamburiña, ameixa rubia, mincha e carneiro.
Finalmente terá lugar un showcooking o venres, 29 de novembro a partir das 19.30 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura, con entrada libre ata completar aforo e con degustación. “Creacións con marisco a 4 mans” é o título desta proposta, tamén protagonizada polos mariscos da nosa ría, versionados por Beatriz Sotelo e Iñaki Bretal, dous recoñecidos cociñeiros galegos que aportarán a súa creatividade e a impronta propia dos seus territorios de orixe, contrapoñendo o xeito de preparar o marisco no norte e no sur de Galicia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
21
22
23
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal