Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA ENTREGOU OS DIPLOMAS AO ALUMNADO QUE PARTICIPA NO PROXECTO "TITORIZACIÓN ENTRE IGUAIS"
A ALCALDESA ENTREGOU OS DIPLOMAS AO ALUMNADO QUE PARTICIPA NO PROXECTO
Marián Ferreiro desprazouse ao colexio Virxe do Mar coa concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, para entregar os diplomas a alumnado de quinto curso de Primaria
Narón, 28 de outubro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, desprazáronse esta mañá ás 11.00 horas ao colexio Virxe do Mar para acudir ao acto de entrega de diplomas a vinte e seis nenas e nenos de quinto curso de Primaria que participan no proxecto Titorización Entre Iguais (TEI). Ferreiro encargouse de entregar os diplomas aos rapaces e rapazas que ao remate do acto coñeceron aos seus “titorizados”, alumnado de terceiro curso de Primaria.
O alumnado de quinto é a segunda promoción deste centro que recibe o diploma, despois de que un grupo de compañeiros e compañeiras recibisen a mesma acreditación o pasado curso. Os nenos e nenas de máis idade titorizan aos de terceiro curso, elixidos a través do pertinente sorteo. O alumnado de quinto ensinará valores e normas de convivencia aos seus compañeiros e compañeiras, co obxectivo de acadar a “tolerancia cero” en tódolos ámbitos da violencia, tanto a nivel escolar como no día a día da nosa sociedade. A través deste programa de Titorización Entre Iguais os escolares fórmanse nunha técnica innovadora contra a violencia escolar, para ofrecer axuda no caso de detectar problemas de convivencia e previr o acoso ou bullyng.
Marián Ferreiro agradeceu á dirección do colexio Virxe do Mar a invitación ao acto celebrado e destacou o labor de tódalas persoas que participan no programa de Titorización Entre Iguais. A alcaldesa da cidade incidiu na necesidade de que a sociedade teña moi presente “o respecto e a empatía á hora de relacionarse nos diferentes ámbitos” e recordou que “temos que seguir traballando todas e todos, xuntos, para previr condutas e comportamentos inaxeitados non só nas aulas, senón tamén fóra dos centros de ensino, porque non debemos tolerar ningunha manifestación de violencia”.
Ao remate do acto a alcaldesa e a concelleira de Ensino realizaron unha fotografía de grupo co alumnado de quinto de Primaria –titores- e o de terceiro de Primaria –titorizados- e animounos a continuar facendo do colexio Virxe do Mar un referente a través deste programa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal