Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O ESPECTÁCULO DE ÓPERA "PAGLIACCI"
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O ESPECTÁCULO DE ÓPERA
A cita musical será a partir das 20.00 horas e as entradas dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 29 de outubro de 2019. A ópera chegará esta fin de semana, concretamente o sábado, día 2 de novembro, ao Pazo da Cultura da man de Leonor Gago Artist Management. “Pagliacci” é o título desta peza, dirixida a todo tipo de públicos, cun prólogo, dous actos e un descanso durante as case dúas horas de duración. As entradas están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 25 euros para o público xeral e de 17,50 para abonados, desempregados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e menores de 14 anos.
A música e o libreto desta ópera pertencen ao compositor Ruggero Leoncavallo e na mesma relátase a historia dun marido celoso e da súa muller nunha compañía teatral da comedia do arte. Non exenta de polémica, Leoncavallo era no ano 1890 un autor pouco coñecido e decidiu escribir unha ópera que o levou a ser procesado por plaxio do libreto de Catulle Mendès, por “La Femme de Tabarin”, que comparte moitos temas con “Pagliacci”. Leoncavallo asegurou que a trama da súa ópera se baseaba nunha historia real que vira cando era neno e, a maiores, dixo que o seu pai, xuíz de profesión, tiña documentos que apoiaban as súas alegacións, se ben eses documentos nunca apareceron. A maioría dos críticos actuais coinciden en que o libreto está inspirado na obra de Mendès, ao vivir en París Leoncavallo no momento do seu lanzamento, sendo probable que vise a citada obra.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal