Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRETO DUN CENTO DE IMAXES OPTARON AOS PREMIOS DO "X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
Os tres premios deste concurso entregaranse o vindeiro mes de novembro no Concello e as doce imaxes mellor puntuadas ilustrarán o calendario de sobremesa do Concello do ano 2020
Narón, 30 de outubro de 2019. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, avanzou que un total de noventa e dúas imaxes optaron este ano aos premios da décima edición do Concurso de Fotografía Cidade de Narón organizado polo Concello. As imaxes foron realizadas por trinta e catro persoas, maioritariamente de Narón -17 do total- e Ferrol -9-, aínda que tamén se presentaron ao certame veciñas e veciños dos concellos de Fene, Mugardos, A Coruña, A Capela, San Sadurniño, Ames, Pontedeume e Neda, tal e como indicou Hermida. O xurado que valorou as imaxes, do que formaban parte tres fotógrafos profesionais, Carlos Carballeira, Kiko Delgado e Jesús Taboada, reuniuse para puntuar as fotografías deste concurso, seleccionando as doce que pasarán a ilustrar o calendario de sobremesa que editará o Concello para o ano 2020. O fallo do xurado darase a coñecer o vindeiro mes de novembro nun acto que terá lugar no propio Consistorio e no que se procederá a entregar os premios desta edición do certame. O autor ou autora da fotografía que acadou a maior puntuación do xurado –valorando a creatividade, a calidade e a orixinalidade, cun máximo de dez puntos cada unha destas áreas– obterá un premio en metálico de 750 euros; se ben a segunda e terceira imaxes máis valoradas recibirán un premio de 300 e 150 euros, respectivamente. A área humana e social (deportes, industria, festas populares), espazos naturais e de interese cultural, de lecer e patrimonio formaban parte das temáticas deste certame. As imaxes presentáronse baixo seudónimo, podendo consultarse o listado a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/Ganadores-de-X-Concurso-de-Fotografia-Cidade-de-Naron.pdf. O prazo de entrega de imaxes para o X Concurso de Fotografía Cidade de Narón permaneceu aberto entre os días 16 de setembro e 11 de outubro. A concelleira de Turismo da cidade agradeceu a tódolos participantes o seu respaldo a este certame, “a través do que ano tras ano contribuímos a dar a coñecer un pouco máis algún espazo ou actividade que se leva a cabo en Narón ao longo do ano”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal