Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ASINADO ESTA MAÑÁ UN ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE NARÓN E O IES AS TELLEIRAS EN MATERIA DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN E EMPREGO
ASINADO ESTA MAÑÁ UN ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE NARÓN E O IES AS TELLEIRAS EN MATERIA DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN E EMPREGO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, manifestou a vontade do concello de seguir colaborando coa comunidade educativa na mesma liña en beneficio dos alumnos e alumnas e a súa formación cara ao futuro
Narón, 31 de outubro de 2019. Na mañá de hoxe a alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou un acordo de colaboración entre o concello de Narón e o IES As Telleiras, representado pola súa directora, María Cristina Alves Ferreira. A sinatura contou, así mesmo, coa presenza da concelleira de Formación, Natalia Hermida.
O obxecto deste acordo de colaboración é o desenvolvemento dos módulos profesionais asociados ao currículo do ciclo de formación profesional básica do título profesional básico en Carpintería e Moble, no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, sendo beneficiario deste acordo o alumnado do Centro Público IES As Telleiras, matriculado e admitido no título profesional básico en Carpintería e Moble. As actividades comprendidas neste acordo desenvolveranse entre os meses de outubro de 2019 e xuño de 2020.

Ferreiro declarou que “un ano máis poñemos a disposición da comunidade educativa, neste caso do IES As Telleiras, os recursos do concello co Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz facilitando que o alumnado faga as súas prácticas en taller, complementarias á súa formación lectiva no IES As Telleiras, o cal é unha grande satisfacción”



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
21
22
23
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal