Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APROBADA NO PLENO ORDINARIO DESTA TARDE UNHA MOCIÓN PARA SOLICITAR A INCORPORACIÓN DE INVESTIMENTOS EN NARÓN NOS ORZAMENTOS DE 2020 DA XUNTA DE GALICIA
O bipartito aprobou, ademáis, a modificación de diversas ordenanzas fiscais cara ao próximo ano 2020
Narón, 31 de outubro de 2019. O goberno local de Narón - TEGA e PSOE- aprobou esta tarde, co apoio do BNG, no pleno ordinario de finais de mes, unha moción relativa ao Proxecto de Lei de Orzamentos da Xunta de Galicia nos que, unha vez máis, estase a constatar a discriminación que o goberno da Xunta amosa ao concello naronés, un dos máis puxantes da provincia da Coruña, e aos seus veciños e veciñas. Así, en dita moción ínstase á Xunta de Galicia a incluír no seu Proxecto de Orzamentos para o ano 2020 investimentos no concello de Narón tales como: • Un centro integral de atención ás persoas maiores. • Un plan de inversións en melloras nos centros de ensino públicos de Narón. • Un Centro integrado de Formación Profesional no que se impartan as familias profesionais que non se están a ofertar en outros centros da comarca, e que facilitarían a inserción laboral da nosa mocidade nas empresas dos nosos polígonos industriais. • Renovación das beirarrúas da Estrada de Cedeira (AC-566)dando solución aos problemas de accesibilidade en diversos puntos do treito que abrangue o primeiro Km desta estrada por ambas beiras. • Un plan de inversións para o mantemento e reparación das vías públicas de titularidade da Xunta de Galicia que discorren polo concello. • Un novo centro de educación infantil e primaria na zona do Alto No Pleno foron aprobadas as seguintes propostas por unanimidade: • Plan normativo municipal para o ano 2020 • Regulamento de selección de persoal funcionario, interino e laboral • Ordenanza para a regulación do uso de infraestruturas do concello de Narón para a banda ancha O goberno municipal sacou adiante a aprobación inicial do Regulamento de Participación Cidadá coa abstención do BNG e do PP, así como a aprobación inicial dos Estatutos do Padroado de Deportes, nesta ocasión co apoio do PP e abstención do BNG. Así mesmo, foi aprobada por maioría, cos votos a favor dos grupos do goberno e do BNG unha moción do PSOE sobre a política do goberno galego en relación co abandono do medio rural galego e a problemática do aumento de poboación do xabaril.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es