Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
REUNIÓN COAS ANPAS DOS COLEXIOS PÚBLICOS PARA ABORDAR AS SÚAS NECESIDADES
REUNIÓN COAS ANPAS DOS COLEXIOS PÚBLICOS PARA ABORDAR AS SÚAS NECESIDADES
O Alcalde pide á Xunta máis colaboración para mellorar as instalacións dos centros escolares de Narón
Narón, 4 de febreiro de 2009.- O Concello de Narón acolleu esta mañá unha xuntanza entre os responsables municipais de Educación e as Asociacións de Nais e Pais (ANPAS) dos centros públicos do municipio.

A Concelleira de Educación, Manuela Pérez Sequeiros, explicou ás ANPAS que o goberno municipal ten previsto invertir neste ano máis dun millón de euros en obras de mantemento dos colexios de Narón. O presidente da ANPA de O Feal, Salvador Basoa, amosouse molesto polo feito de que a Xunta non preste a atención debida a estos colexios. “Non se pode permitir que o Concello esté a facer un esforzo inversor enorme, e a Xunta non aporte nada”, sinalou.

A este respecto, o Alcalde de Narón, Xose Manuel Blanco, tendeu de novo a man á Consellería de Educación “para firmar os convenios que faga falta, co fin de que a Xunta invirta nos colexios públicos de Narón. Estamos dispostos a chegar ós acordos precisos e buscar os cartos necesarios, pero ten que haber un compromiso firme por parte da Consellería de Educación”, dixo. O rexedor lembra que esta é a segunda vez que se lle fai unha oferta así á Xunta, xa que o anterior alcalde, Xoán Gato, tamén fixo una proposta similar e aínda estase a agardar por unha resposta.

Coñecedores de que as necesidades dos colexios públicos son moitas, o Alcalde e a Concelleira de Educación reclamaron hoxe á Xunta “que elabore un plan no que se establezcan as actuacións prioritarias que debería desenvolver a administración autonómica en Narón”, sinalou Xose Manuel Blanco. Nembargantes, Manuela Pérez Sequeiros amosouse decepcionada coa actitude do goberno da Xunta “e temos a sensación de levar 15 meses perdidos, xa que non fan nada en Narón. Estamos dacordo coas necesidades que prantexan as ANPAS, e a Xunta debería facerse cargo de cuestións coma o financiamento dos comedores escolares, nos que estamos aportando dende o Concello 70.000 euros anuais aínda que non é a nosa obriga”, dixo.

Respecto a novos proxectos, o Alcalde asegurou que o Concello ten lista -dende o pasado 29 de xaneiro- unha memoria para a cubrición da pista do Colexio Virxe do Mar, para entregarlla á Xunta no momento en que se decida a invertir neste centro escolar. Xose Manuel Blanco tamén explicou que dende o Concello xa se autorizou á Xunta a construir o comedor escolar do Colexio de O Feal “aínda que con determinadas condicións que deben cumplir, xa que o proxecto non se axustaba totalmente á legalidade”. O rexedor anunciou que a Consellería de Educación pode empezar “cando quera” as obras deste novo servizo.

Por outra banda, dende as ANPAS de Narón agradeceuse ó Concello “a boa xestión que fixo os días posteriores ó temporal, xa que na primeira semana tódolos desperfectos dos colexios do municipio foron reparados”, comentou Salvador Basoa. En relación con este asunto, Xose Manuel Blanco lembrou que “a prioridade para o Concello foi restablecer o orde nas estradas e nos colexios”. Blanco felicitou ás ANPAS “polo traballo tan importante que estades a facer de xeito desinteresado” e asegurou que “a Educación é un tema prioritario para o Concello de Narón”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal