Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O RECINTO FEIRAL DO TRECE ACOLLERÁ ESTE DOMINGO A "XIX FEIRA DO MEL E SECTOR PRIMARIO AFÍN"
O RECINTO FEIRAL DO TRECE ACOLLERÁ ESTE DOMINGO A
O concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego, presentou o programa do evento, que un ano máis terá lugar no recinto feiral do Trece, en Sedes
Narón, 6 de novembro de 2019. Preto dunha trintena de postos instalaranse o vindeiro domingo, día 10, no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, donde se celebrará a décimo novena edición da “Feira do Mel e sector primario afín” organizada polo Concello de Narón. O concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego, presentou esta mañá a programación do evento, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde e con múltiples propostas dirixidas a persoas de diferentes idades.
Do total dos postos, quince serán de mel, donde se venderá mel artesá e entre os restantes haberá outros de embutidos, produtos da horta, artículos de traballo apícola, conservas e tamén un espazo reservado para a Confraría de Barallobre e unha zona infantil para realizar obradoiros, tal e como indicou o edil naronés.
As portas do recinto feiral do Trece abriranse ás 11.00 horas e ás 12.00 darán comezo dous obradoiros dirixidos a nenos e nenas. Dúas monitoras encargaranse de impartir un sobre maquillaxes de fantasías, mentres que persoal da Casa do Mel, de Goente (As Pontes) impartirá un –tamén dende as 12.00 e ata as 19.00 horas, cunha pausa ao mediodía- sobre elaboración de candeas con cera.
Na “Feira do Mel e sector primario afín” haberá tamén un apartado gastronómico, con “showcooking” e degustación final a cargo da empresa Pata Celta, donde se realizarán diferentes elaboracións con porco celta e mel local, según indicou Galego, que recordou que o recinto pechará entre as 14.00 e as 16.00 horas.
Pola tarde o dúo de violín e violonchelo "The Duellist" actuará, interpretando temas de música de cámara e tamén bandas sonoras para, a partir das 18.00 horas dar comezo un relatorio técnico. Xosé Manuel Durán Orús, licenciado en Ciencias Químicas pola USC e presidente da Asociación MENA para o fomento da bioapicultura, será o encargado de falar ás persoas que acudan a este relatorio sobre “Bioapicultura: unha apicultura sen tratamentos”.
A última das propostas do programa dará comezo ás 19.00 horas, e consistirá nunha minicata de mel, tamén a cargo de persoal da Casa do Mel, de Goente. Nesta minicata poderán participar todas as persoas que o desexen, que terán a oportunidade de coñecer da man de profesionais como se distinguen as propiedades do mel, diferenciando as de produción industrial das artesáns e tamén o mel monofloral e multifloral, tal e como explicou o concelleiro de Feiras e Mercados. Esta edición da Feira do Mel e sector primario afín rematará ás 20.00 horas.
Santiago Galego asegurou que “esperamos contar coa presencia de veciñas e veciños de Narón e doutros concellos para formar parte deste evento que celebraremos un ano máis na parroquia de Sedes”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal