Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
CHONI COMPAÑÍA FLAMENCA TRAERÁ ESTE SÁBADO AO PAZO O ESPECTÁCULO DE DANZA "TEJIDOS AL TIEMPO"
CHONI COMPAÑÍA FLAMENCA TRAERÁ ESTE SÁBADO AO PAZO O ESPECTÁCULO DE DANZA
O espectáculo comezará ás 20.00 horas e diríxese a todo tipo de públicos, estando á venda as entradas na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura
Narón, 7 de novembro de 2019. A danza contemporánea chegará esta fin de semana ao Pazo da Cultura da man de Choni Cía. Flamenca, co espectáculo “Tejidos al tiempo”. A cita será o sábado, día 9, ás 20.00 horas e diríxese a todo tipo de públicos. O prezo das entradas é de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e menores de 14 anos.
Asunción Pérez “Choni” e Jorge Barroso “Bifu” son os autores e directores deste espectáculo, que conta unha historia cunha nova imaxe visual na que se recorre continuamente a medios expresivos flamencos. Trátase dunha reflexión sobre o tempo, a vida e a loita para conquistar a morte, cargada de soleá, abandolao, bulería e milonga, entre outros bailes. O público sumerxirase en varios estados de ánimo propios de cada cante, a medida que avanza a obra, cunha innovada posta en escena. A forza da bulería, a rabia da seguidilla, a valentía do fandango e o temple da soleá, entre outros, son algúns deses estados de ánimo nos que se pretende sumerxir, tal e como recoñece a propia compañía, a intérpretes e público.
As entradas dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo da Cultura e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal