Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A PISTA POLIDEPORTIVA DE DOSO ACOLLERÁ MAÑÁ UNHA NOVA EDICIÓN DA TRADICIONAL "RECREACIÓN DA ESFOLLA"
A PISTA POLIDEPORTIVA DE DOSO ACOLLERÁ MAÑÁ UNHA NOVA EDICIÓN DA TRADICIONAL
O Padroado da Cultura de Narón e a AVV "A Naveira" de Doso organizan a programación, que comezará a desenvolverse a partir das 17.00 horas
Narón, 8 de novembro de 2019. A parroquia de Doso acollerá mañá a tradicional Recreación da Esfolla, unha cita que terá lugar a partir das 17.00 horas na pista polideportiva. Veciñas e veciños da parroquia, e tamén chegados doutros concellos acuden cada ano a esta celebración, en moitos casos vestidos con roupas propias do século XX para contribuír a ambientar esta celebración, cun marcado carácter rural. O Padroado da Cultura colabora coa Asociación de Veciños “A Naveira”, de Doso, na organización deste evento festivo que se consolidou no tempo para manter viva esta tradición e transmitila ano tras ano ás diferentes xeracións.
Ás 17.00 horas partirán do rueiro da Braña dous carros cargados con mazarocas de maínzo cedidas por veciños e veciñas do municipio. Dirixiranse ata a pista polideportiva de Doso, donde á súa chegada serán recibidos polas persoas que acudan á convocatoria e tamén con música, a cargo de grupos das Escolas do Padroado da Cultura de Narón.
Durante a tarde haberá actividades dirixidas a persoas de tódalas idades. Os nenos e nenas poderán asistir a obradoiros de elaboración de bonecos de maínzo e “Bolas da tixola” e mesmo se poderá ver na pista polideportiva a exposición de bonecos de maínzo que os escolares realizaron nas aulas a través dun obradoiro impulsado dende o Padroado da Cultura. A esfolla do maínzo comezará ás 18.00 horas, podendo participar na mesma todas as persoas que o desexen, que tamén poderán anotarse –pola tarde a partir das 17.00 horas na zona da pista- na segunda edición do Campionato de debagado de maínzo. A programación da Recreación da Esfolla inclúe tamén este ano unha nova edición do Concurso de sobremesas, con postres elaborados con produtos de tempada e aberto á participación da cidadanía en xeral. As persoas que desexen participar teñen que anotarse ás 17.00 horas e recibirán un número para concursar cos doces que elaboraron e que valorará un xurado popular, encargado de conceder os premios deste certame.
A música continuará ás 19.00 horas cun concerto da banda de música folk “Pepe Vaamonde Grupo”, integrado por recoñecidos profesionais e que interpretarán un variado repertorio.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal