Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORA CON AJE FERROLTERRA NA SEXTA EDICIÓN DOS PREMIOS "FERROLTERRA EMPRENDE"
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presentou a convocatoria acompañada por Luis González, presidente de AJE Ferrolterra e Cristina Montes, vocal da entidade
Narón, 8 de novembro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, o presidente da Asociación Jóvenes Empresarios (AJE) Ferrolterra, Luis González, e Cristina Montes, vocal da citada entidade, presentaron hoxe no Concello a sexta edición dos Premios Ferrolterra Emprende, aos que se poderán presentar as empresas radicadas nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal cuxos empresarios/as ou directivos/as non superen os 41 anos, tal e como figura nas bases da convocatoria. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, animou ao colectivo ao que se dirixe o certame a participar no mesmo, presentando a documentación pertinente a partir do luns 11 –que se poderá consultar na web: https://www.ajeferrolterra.org/- e ata o 6 de decembro na sede de AJE ou a través do correo electrónico: info@ajeferrolterra.org. O presidente de AJE explicou que se concederán un total de catro premios, ao Xoven Empresario/a 2019, cunha dotación do galardón na área de Formación, por cortesía de IESIDE, Escola de Negocios Afundación; á Iniciativa emprendedora 2019, dotado con 1.000 euros por cortesía do Igape; accésit á Innovación, tamén dotado con Formación a cargo de IESIDE, e accésit ás Novas Tecnoloxías, premiado cun ano de publicidade gratuíta nun medio de comunicación dixital. Haberá tamén unha mención especial á entidade social RSE, dotado con 500 euros. Un xurado especializado encargarase de elixir aos gañadores ou gañadoras desta edición, agás o accésit ás Novas Tecnoloxías, un premio que concederá o público nun concurso que se convocará nas redes sociais no momento de abrir o prazo de presentación das candidaturas, tal e como avanzou González. Entre os criterios a valorar polo xurado dos dous premios e dun dos accésit –o da Innovación- están a calidade e innovación dos proxectos, así como a creación de postos de traballo, a sostibilidade, o coñecemento do mercado, en función de cada unha das modalidades. O acto de entrega de premios terá lugar o vindeiro 12 de decembro, ás 19.30 horas, na sede da Fundación Exponav, en Ferrol. O presidente de AJE Ferrolterra agradeceu a colaboración prestada un ano máis dende o Concello de Narón. Luis González destacou a elevada participación no certame de hai dous anos –ten carácter bianual- e incidiu no feito de que “cada ano hai máis emprendedores e os espazos de “coworking” están ao cen por cento da súa capacidade, o que é unha moi boa noticia nestas comarcas”. A alcaldesa da cidade destacou a calidade e diversidade das empresas asentadas tanto en Narón como no resto da comarca e reiterou o respaldo do goberno local “a cantas iniciativas se impulsen vencelladas a promocionar e impulsar tanto ao sector empresarial xa consolidado como aos emprendedores e emprendedoras”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal