Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO VALLOU UN TRAMO DO RÍO FREIXEIRO PARA INTENSIFICAR AS CAMPAÑAS DE DESRATIZACIÓN
O concelleiro de Medio Ambiente e Sanidade, Santiago Galego, explicou que se colocaron tamén cebos no tramo vallado, ao paso do río polo parque fluvial de Freixeiro
Narón, 11 de novembro de 2019. O Concello de Narón intensifica as campañas de desratización co vallado e a colocación de cebos no tramo do río Frexeiro ao seu paso polo parque fluvial. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, explicou que os traballos están xa rematados e pretenden “poñer coto aos roedores a través da colocación de cebos que están protexidos cunha malla por todo o tramo do río, para evitar que calquera persoa ou outros animais como cans e gatos que se poden ver polo parque, poidan tocar eses cebos, co risco que suporía”. O concelleiro naronés aludiu ás melloras que supuxo no estado do caudal do río Freixeiro a execución das obras da rede de saneamento e depuración integral da ría, así como as derivadas das anteriores campañas de desratización que se levaron a cabo dende o consistorio naronés. “Trátase dunha situación sobre a que estamos traballando continuamente, para evitar que os roedores proliferen por este espazo da cidade”, explicou Galego, que incidiu na importancia da colaboración cidadá neste proceso. “É moi importante que a xente colabore en materia de limpeza, que en ningún caso favoreza que os animais poidan alimentarse con restos que caian ao chan, recolléndoos e depositándoos nos contenedores e papeleiras habilitados para ese fin”, recalcou o edil de Medio Ambiente. En materia de limpeza Galego explicou que na Ordenanza municipal de residuos e limpeza viaria do Concello de Narón se contemplan sancións de ata 750 euros para aquelas persoas que dean de comer aos animais en espazos públicos, e que incluso poderían ser moi superiores no caso de que se produza reincidencia neste tipo de condutas que non están permitidas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal