Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE CATORCE ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA PARTICIPARÁN NAS "II XORNADAS DO MARISCO DA RÍA"
A cita gastronómica, na que se poderán degustar tapas, racións e menús con cinco especies de marisco da ría, desenvolverase do 14 ao 17 e do 21 ao 24 deste mes na localidade, tal e como recordou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita
Narón, 12 de novembro de 2019. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, recordou que dentro das accións programadas polo Concello –a través do Club Narón Gastronómico- para este mes de novembro, dirixidas á promoción do sector da hostalería, á mellora da capacitacións dos seus responsables e a poñer en valor a riqueza deste territorio, enmárcanse as segundas Xornadas do Marisco da Ría, logo da exitosa experiencia desenvolvida o pasado ano. O edil naronés recordou que a cita comezará o vindeiro xoves, día 14, e que se desenvolverá ata o domingo 17 e tamén a vindeira semana, do 21 ao 24 deste mes. Un total de catorce establecementos de hostalería participan nesta nova edición das Xornadas do Marisco da Ría, tal e como indicou Pita. O concelleiro animou á veciñanza de Narón e doutros concellos a “acudir nestas datas a estes establecementos para degustar as tapas, racións e menús que se elaborarán con produto da ría de gran calidade”. A finalidade desta convocatoria é a de axuntar a oferta, a produción e calidade dos produtos da ría, cos puntos de consumo máis importantes que, neste caso, constitúen os establecementos de hostalería do concello de Narón que se sumaron a esta iniciativa. Os produtos protagonistas serán, como no caso da edición do pasado ano, cinco especies de marisco dunha calidade extraordinaria: Ostra salvaxe, Zamburiña, Ameixa Rubia, Mincha e Carneiro. Os locais participantes nestas xornadas localízanse ao longo do territorio municipal, tanto en zona rural como en distintos barrios urbanos, e logo de participar no “Obradoiro de preparación e tratamento de mariscos” desenvolvido o pasado 29 de outubro. Os establecementos nos que se poderá gozar das exquisiteces da nosa ría en formato tapa, menú ou ración son os seguintes: A Grella dos Avós, Anacos, A Roldana, A Serra, A Trasanquesa, Casa Sindo, Cervecería Australian, El Refugio, Mamá Flora, Gastrobar Piñeiros, Marcial, O Pío, Silver 200 Monjes e 3 Pés. As persoas interesadas en contar de primeira man co material editado para difusión das Xornadas pode descargar o folleto coa localización dos establecementos e outra información de interese na páxina web do Concello de Narón –www.naron.es- e tamén na páxina do Club Narón Gastronómico -clubnarongastronomico.naron.gal.
Descarga de archivos
Cuadríptico
Tamaño:1,78 MB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal