Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COMPAÑÍA SARABELA TEATRO REPRESENTARÁ ESTE SÁBADO NO PAZO A OBRA "CRÓNICAS DO PARAÍSO"
A obra, dirixida a público adulto, é una versión libre de "Las crónicas de Sochantre", do novelista e dramaturgo lucense Álvaro Cunqueiro
Narón, 13 de novembro de 2019. A compañía Sarabela Teatro actuará esta fin de semana no Pazo da Cultura, donde se poderá ver a obra “Crónicas do paraíso”. Trátase dunha peza de xénero dramático, dunha hora de duración e dirixida a público adulto. A representación dará comezo ás 20.00 horas e as entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos), podendo adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. A obra desta compañía teatral ourensá é unha versión libre de “As crónicas de Sochantre”, do novelista e dramaturgo lucense Álvaro Cunqueiro. Os bandidos, as armas, o diñeiro e o sangue están moi presentes nesta historia, na que se recrea o universo do crime e donde a vida e a morte conviven e dan paso a situacións moi irónicas. A través desta obra, tal e como indica a propia compañía, preténdese rendir unha homenaxe a un dos autores máis relevantes da literatura galega a través do teatro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal