Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO INICIARÁ O VINDEIRO LUNS A CAMPAÑA "A TÚA VELLA BICI VALE UN SORRISO"
O CONCELLO INICIARÁ O VINDEIRO LUNS A CAMPAÑA
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, anunciou que a campaña estará operativa dende o 18 de novembro ata o 18 de decembro
Narón, 14 de novembro de 2019. A Concellería de Seguridade Cidadá, presidida polo edil Román Romero, convoca un ano máis a campaña “A túa vella bici vale un sorriso”. A través do Equipo de Educación Viaria do Concello, do que forman parte os axentes Pedro Caneiro e Sonia López, a partir do vindeiro luns, día 18, e durante un mes, ata o 18 de decembro, recolleranse no Concello –na Oficina de Educación Viaria, na planta principal- e nos centros educativos da cidade bicicletas –tamén estáticas- e patinetes que se entregarán a familias con escasos recursos económicos a través do Centro de Recursos Solidarios de Narón.
O concelleiro de Seguridade Cidadá solicitou ás persoas que poidan participar nesta campaña “que entreguen tanto as bicicletas como os patinetes no mellor estado de conservación posible”, indicando que o propio persoal de Educación Viaria, xunto con voluntarios, encargarase de realizar reparacións no caso de que presenten algún desperfecto.
“Ás bicicletas e patinetes que non se entreguen de cara á campaña de Nadal ás familias, no caso de que non se esgoten, entregáremolas nos centros escolares da cidade que o soliciten, para que as poidan utilizar tanto os nenos e nenas como os docentes, dependendo dos modelos”, explicou Romero.
O edil naronés animou ás veciñas e veciños de Narón e tamén doutros concellos a participar nesta iniciativa “a través da que podemos darlles unha segunda vida a esas bicicletas e patinetes que xa non utilizamos pero que aínda están en bo estado”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal