Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO REFORZARÁ O SERVIZO NOCTURNO DE VIXILANCIA DAS PATRULLAS DA POLICÍA LOCAL CUN TERCEIRO VEHÍCULO
O CONCELLO REFORZARÁ O SERVIZO NOCTURNO DE VIXILANCIA DAS PATRULLAS DA POLICÍA LOCAL CUN TERCEIRO VEHÍCULO
A incorporación dun novo vehículo policial permitirá incidir máis en tarefas de prevención da seguridade cidadá no termo municipal, segundo manifestou o edil de Seguridade cidadá, Román Romero
Narón, 15 de novembro de 2019. O Concello de Narón intensificará as patrullas de vixilancia da Policía Local na cidade en horario nocturno, incorporando un novo vehículo policial, que colaboraría cos dous que realizan habitualmente esta tarefa. Así o anunciou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, trala xuntanza mantida polos integrantes da Comisión de coordinación policial no municipio. “O feito de que nas últimas semanas se denunciasen varios roubos en establecementos da zona urbana da cidade lévanos a incrementar os controis que habitualmente se realizan en materia de vixilancia e nos que tamén interveñen unidades da Policía Nacional adicadas a este servizo específico no termo municipal”, explicou Romero.
Na actualidade, tal e como recordou Romero, a Policía Local de Narón presta o citado servizo nocturno con dous vehículos policiais dende os que se atenden incidencias ou emerxencias rexistradas en horario nocturno. Accidentes de tráfico, incidentes por fenómenos meteorolóxicos adversos, labores de prevención cidadá, auxilio en emerxencias sociais ou sanitarias, incendios, e outros controis forman parte das tarefas encomendadas ao plantel de axentes da Policía Local e que tamén colaboran coa Nacional na persecución de delitos que se rexistren na cidade ou outro tipo de incidencias.
O feito de reforzar o control nocturno permitirá dispoñer de tres vehículos en cada servizo nocturno, o que permitirá, tal e como recalcou o concelleiro naronés “incidir máis en tarefas específicas de prevención da seguridade cidadá e de colaboración coa Policía Nacional, se ben dende este último Corpo tamén se incrementou dende hai varios meses o número de patrullas que traballan no termo municipal co fin de frear calquera tipo de acto ou conducta delictiva ou que atente contra a seguridade das persoas e localizar aos seus autores ou autoras”.
O edil de Seguridade Cidadá solicitou finalmente a colaboración cidadá para que “no caso de que vexan algún tipo de conduta sospeitosa se poñan en contacto coa Policía Local, o que en determinadas ocasións pode facilitar o labor para localizar aos autores deste tipo de actos, extremar a vixilancia e garantir a máxima seguridade dos veciños e veciñas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal