Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ENTIDADE ANPA "CEIP PONTE DE XUVIA" EN MATERIA DE ACCIÓN SOCIAL "EDUCACIÓN PARA A SAÚDE-NUTRICIÓN ESCOLAR"
Ferreiro manifestou o compromiso de seguir promovendo o desenvolvemento social e a conciliación familiar das persoas residentes no concello de Narón e agradeceu a colaboración da ANPA "CEIP Ponte de Xuvia" neste programa
Narón, 15 de novembro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou esta mañá o convenio de colaboración en materia de acción social “Educación para a saúde-nutrición escolar” 2019, xunto coa representante da ANPA “CEIP Ponte de Xuvia”, Ángela María Rodríguez López. Á firma asistíu a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. O programa de Educación para a Saúde-Nutrición Escolar e de conciliación da vida familiar propicia unha intervención de ámbito socioeducativo cuns obxectivos desenvolvidos na actividade de comedor escolar de almorzos como son: • Mellora da nutrición infantil en idades de 3 a 12 anos creando hábitos de inxestión de almorzos equilibrados e suficientes. • Creación de hábitos de hixiene buco-dental • Practicar destrezas e habilidades relacionais por medio de xogos cooperativos • Conciliación da vida familiar coa realidade social e laboral A alcaldesa agradeceu o traballo realizado pola ANPA e a súa implicación e colaboración coa administración local nestas actuacións de carácter socio-educativas en beneficio da saúde nutricional do alumnado e da conciliación da vida familiar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal