Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DO NOVO EQUIPO DE EDUCACIÓN VIAL PARA OS ESCOLARES DE NARÓN
PRESENTACIÓN DO NOVO EQUIPO DE EDUCACIÓN VIAL PARA OS ESCOLARES DE  NARÓN
Narón, 6 de febreiro de 2009.- O Concello acaba de dar un novo paso no seu compromiso coa formación en seguridade vial dos nenos e nenas de Narón. Hoxe foi presentado un conxunto de material móvil co que dous Policías Locais poderán ensinar ós escolares de tódolos centros públicos e concertados as normas básicas de circulación. Este ‘kit de educación vial’ está valorado en 50.000 euros, e forma parte do proxecto “Aprende Pedaleando”, formalizado a través dun convenio firmado o 21 de novembro de 2008 entre o Concello e os colexios de Narón.

Trátase de oito pequenos vehículos –2 son eléctricos e outros 6 funcionan a pedais- e un conxunto de sinais de tráfico, marcas viarias e semáforos que se transportarán nun remolque para facelos chegar a tódolos colexios de Narón. A montaxe deste circuito require un traballo previo de tres horas.

“O esforzo é grande pero creo que paga a pena por manter a seguridade vial”, sinalou o responsable de Seguirdade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo. O concelleiro lembraba que o Colexio de A Solaina foi o primeiro en dispor dun circuito de similares características, o que lle valeu no 2008 un premio polo seu proxecto piloto de seguridade vial. “Agora poderán disfrutar e aprender o resto dos escolares de Narón”, engadiu o Alcalde, Xose Manuel Blanco. Está previsto que participen ó longo deste curso escolar 2008-2009 un total de 2.200 rapaces e rapazas do municipio.

Hoxe facían o propio os alumnos de 6º de Educación Primaria do Colexio de A Solaina, que puideron comprobar o bo funcionamento dos vehículos, o mesmo que o Alcalde e o Concelleiro de Seguridade Cidadá. Ambos amosáronse moi satisfeitos por estrenar os novos medios cos que conta o equipo de educación vial da Policía Local. “Con este kit logramos ter un circuito móvil, e chegar a tódolos colexios de Narón”, concluíu o Alcalde.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal