Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A MALAGUEÑA BLANCA MARÍA ÁLVAREZ SÁNCHEZ, GAÑADORA DO "XI CONCURSO DE PINTURA CIDADE DE NARÓN"
A MALAGUEÑA BLANCA MARÍA ÁLVAREZ SÁNCHEZ, GAÑADORA DO
O acto de entrega dos premios terá lugar o vindeiro 23 de novembro, Día de Narón, ás 18.00 horas no Pazo da Cultura
Narón, 18 de novembro de 2019. O xurado encargado de valorar as obras do “XI Concurso de Pintura Cidade de Narón” fixo público o fallo desta edición do certame, no que o primeiro premio, dotado con 1.500 euros, se concedeu á malagueña Blanca María Álvarez Sánchez, pola súa obra “Ciudad de Jirafas”. Ao concurso presentáronse un total de 90 obras, das que 49 eran da categoría de Adultos e as 41 restantes da Infantil. Os premios do certame entregaranse o vindeiro sábado, día 23, coincidindo co Día de Narón, festividade local, nun acto que terá lugar no Pazo da Cultura ás 18.00 horas. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidirá o acto de entrega, ao que tamén asistirán, entre outros, o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo.
O segundo premio, dotado con 750 euros, foi para Manuel Ángel Serantes Morán, de Ponferrada, pola obra “Gran Vía” e o terceiro, de 400 euros, para Alejandro Galán Vázquez, de Sevilla, por “Almuerzo”. Así mesmo, como é habitual neste certame, concedeuse o Premio Especial Francisco Criado, dotado con 200 euros, que este ano foi para a ferrolán Josefina Porta Pereira pola súa obra “A toda vela”.
O xurado desta edición estivo presidido por Xosé Luis González Loureiro e entre os vocais estaban o artista Jesús Basterrechea e Andrés Gabarres, graduado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid e gañador da anterior edición deste certame convocado dende o Padroado da Cultura de Narón.
Os traballos realizados nas diferentes categorías poden verse xa na entrada do Pazo da Cultura -de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas de luns a venres e os sábados de 10.00 a 14.00- , donde permanecerán expostos ata o día 23 de novembro. A gañadora do certame, que non poderá presentarse ás dúas vindeiras edicións, ten dereito a unha exposición da súa obra durante quince días no Pazo da Cultura.
A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou a calidade dos traballos presentados a esta undécima edición do certame. Así mesmo felicitou de antemán a tódolos participantes, en especial aos premiados, e animou á veciñanza a visitar a mostra do Pazo e a acudir ao acto de entrega dos premios o vindeiro sábado, día 23.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal