Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO CONMEMORARÁ CON VARIOS ACTOS O VINDEIRO SÁBADO O DÍA DE NARÓN
O CONCELLO CONMEMORARÁ CON VARIOS ACTOS O VINDEIRO SÁBADO O DÍA DE NARÓN
A Praza 23 de novembro acollerá música, un espectáculo infantil, una mostra de instrumentos tradicionais e poderanse degustar filloas de balde, para pechar o programa coa entrega de premios do "XI Concurso de Pintura Cidade de Narón" no Pazo
Narón, 19 de novembro de 2019. Os edís de Festas e Cultura, Natalia Hermida e Guillermo Sánchez Fojo, respectivamente, presentaron esta mañá os actos do programa conmemorativo do 23 de novembro, Día de Narón. A festividade local celebrarase un ano máis na Praza 23 de novembro, nas inmediacións do pavillón Campo da Serra con diferentes actividades programadas dende o Concello. “Convidamos a todas as veciñas e veciños a acompañarnos para celebrar xuntos esta festividade”, indicou a edil de Festas.
A xornada festiva comezará, tal e como apuntou Hermida, a partir das 13.00 horas, cunha mostra de traballo en vivo do alumnado do Obradoiro de Instrumentos tradicionais do Padroado da Cultura, que baixo unhas pequeñas carpas instaladas para a ocasión, amosarán –ata as 14.30 horas- parte do traballo que realizan neste obradoiro durante o curso. A música tamén cobrará protagonismo no Día de Narón, e tamén entre as 13.00 e as 14.30 horas actuarán os Grupos de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón, que amenizarán a convocatoria festiva que inclúe tamén un apartado gastronómico. Entre as 13.00 e as 15.00 horas e tamén pola tarde, de 17.30 a 20.00 horas, estará a pleno rendemento a filloeira de Lestedo, dende donde se ofrecerán filloas de balde –cociñaranse aproximadamente 1.200 por hora- ás persoas que se acheguen ata a Praza 23 de novembro.
Así mesmo, pola tarde, de 17.00 a 18.00 horas terá lugar unha actuación dirixida a público infantil, “A gramola gominola” e dende as 17.00 ata as 20.00 horas continuarán as mostras e traballo en vivo do alumnado do Obradoiro de instrumentos tradicionais do Padroado da Cultura.
A programación conmemorativa do Día de Narón inclúe ademáis un acto no Pazo da Cultura, presidido pola alcaldesa, Marián Ferreiro, e donde ás 18.00 horas terá lugar a entrega dos premios do “XI Concurso de Pintura Cidade de Narón”, que gañou a malagueña Blanca María Álvarez Sánchez.
“Esta programación enmárcase dentro dunha semana con máis propostas, como a XXXI Gala do Deporte, donde un ano máis se premiará aos deportistas máis destacados nas diferentes especialidades e ao Mellor Deportista do Ano, e as II Xornadas do Marisco da Ría que se desenvolverán de xoves a domingo”, apuntou Natalia Hermida.
A edil agradeceu a participación do alumnado do Obradoiro de construción de instrumentos tradicionais do Padroado que participará nesta convocatoria e, finalmente, convidou novamente á veciñanza a acudir aos actos do Día de Narón. Esta festividade, recordou, conmemórase dende hai xa vinte e seis anos, día que, no ano 1837 se rexistrou a primeira acta do Concello, que se localizou na parroquia de San Xiao.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal