Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS INTEGRANTES DO EQUIPO DE EDUCACIÓN VIARIA DO CONCELLO PARTICIPARON NA "IV XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL E ADAS"
Os axentes da Policía Local Pedro Caneiro e Sonia López acudiron á convocatoria para expoñer o traballo que se desenvolve no Concello en materia de Educación e Seguridade Viaria
Narón, 21 de novembro de 2019. Os axentes da Policía Local e integrantes do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón, Pedro Caneiro e Sonia López, participaron onte na cuarta edición da “Xornada de Educación Viaria e ADAS” de Fundación CNAE que se celebraron na Coruña. A apertura institucional da convocatoria tivo lugar ás 9.00 horas, e correu a cargo de Victoria Gómez, Xefa Provincial de Tráfico na Coruña; José Manuel López Marín, vicepresidente da Fundación CNAE e presidente da Federación Galega de Autoescolas (FGAE) e o concelleiro de Mobilidade do Concello da Coruña, Juan Manuel Díaz. Ao longo da mañá tiveron lugar tres ponencias, unha institucional, outra internacional e unha terceira técnica; unha mesa de debate sobre “A importancia da Educación Viaria na prevención dos riscos viarios” e outra sobre “Casos de éxito e boas prácticas”. Nesta última participou como poñente, entre outros, o coordinador do equipo de Educación Viaria de Narón, Pedro Caneiro. Na súa ponencia resumiu parte do traballo que nesta materia se está desenvolvendo en Narón nos últimos anos. Dende o Concello de Narón proxectouse un video no que se resumía o traballo realizado na cidade, donde están en activo os programas Bica e Arrinca, Camiños Escolares Seguros, Aprende Pedaleando e os que se levan a cabo coas persoas maiores e outros colectivos a parte do escolar. Trala entrega do Premio Periodístico Fundación CNAE, que recibiu o xornalista José Manuel Pan, especializado en motor e seguridade viaria, procedeuse á clausura da convocatoria matinal. A xornada continuou pola tarde, dende as 16.00 ata as 17.30 horas, con ponencias técnicas e un obradoiro práctico de conducción con vehículos dotados de dispositivos de axuda á conducción, que tivo lugar nos xardíns de Méndez Núñez.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal