Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
DANIEL LOIS OTERO, VECIÑO DE NARÓN, GAÑADOR DO "X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
DANIEL LOIS OTERO, VECIÑO DE NARÓN, GAÑADOR DO
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, destacou a participación e anunciou que o acto de entrega de premios terá lugar a vindeira semana no Concello
Narón, 21 de novembro de 2019. O naronés Daniel Lois Otero obtivo o primeiro premio do “X Concurso de Fotografía Cidade de Narón” pola súa imaxe “Lopesa Galáctica”, pola que recibirá 750 euros. Así o anunciou a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, que explicou que o xurado, do que formaron parte tres fotógrafos profesionais, Carlos Carballeira, Kiko Delgado e Jesús Taboada, se reuniu o pasado 29 de outubro para valorar 92 imaxes presentadas –baixo seudónimo- por trinta e catro persoas de Narón e doutros concellos da comarca e tamén doutros municipios galegos.
O segundo premio, dotado con 300 euros, foi para Marcos López Alonso, de Ferrol, pola imaxe “Lavorando na Feira” e o terceiro, de 150 euros, para Alberto Leiras Cabanillas, de San Sadurniño, por “O meigo da Pena Molexa”. Estas tres imaxes que obtiveron a maior puntuación, tras valorar o xurado o seu impacto visual, a calidade técnico-artística e a creatividade, pasarán a formar parte do calendario de sobremesa que editará o Concello de Narón para o vindeiro ano. Nese calendario tamén se poderán ver as nove imaxes que obtiveron tamén as puntuacións máis elevadas, por orde, e que ilustrarán cada mes do vindeiro 2020, tal e como indicou a edil de Turismo.
Os premios do “X Concurso de Fotografía Cidade de Narón” entregaranse o día 27 de novembro no Concello, nun acto no que recibirán uns cheques simbólicos de gran tamaño coa imaxe promocional deste certame.
O prazo de presentación de imaxes a este concurso mantívose aberto dende o pasado 16 de setembro ata o 11 de outubro. Persoas de Narón, Fene, Mugardos, A Capela, San Sadurniño, Pontedeume, Neda, Ames e A Coruña participaron na edición deste ano, tal e como recordou a concelleira de Turismo. “Un ano máis quero felicitar de antemán aos galardoados neste certame e tamén dar as grazas pola súa participación a todas as persoas que presentaron fotografías ilustrando momentos ou construcións da nosa cidade, deixando constancia da riqueza natural, patrimonial, cultural e deportiva de Narón a través da súa particular visión a través da fotografía”.
As imaxes que ilustrarán o calendario poderanse consultar a partir de mañá na web do Concello: www.naron.es, tal e como anunciou Natalia Hermida.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal