Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO AOS REPRESENTANTES DO "CLUB DE FOTOGRAFÍA NARÓN"
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO AOS REPRESENTANTES DO
Marián Ferreiro valorou a iniciativa dos integrantes desta nova entidade constituída no Concello o pasado mes de outubro e comprometeu o apoio municipal de cara a impulsar futuras propostas dirixidas á cidadanía
Narón, 22 de novembro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu aos integrantes dunha nova entidade constituída na cidade, o Club de Fotografía Narón CFN. O presidente do citado club, Marcos García, e o seu secretario, Rubén Bollán, e tesoureiro, Eduardo José Ponte, acudiron tamén á xuntanza, na que explicaron a Ferreiro as actividades que impulsarán na cidade.
O Club de Fotografía Narón, constituíuse oficialmente o pasado 15 de outubro e é unha asociación de carácter cultural e sen ánimo de lucro. A promoción da fotografía e a participación das persoas en actividades relacionadas coa fotografía forman parte dos fins da entidade, a través da que se organizarán cursos (de iniciación e perfeccionamento), convocaranse saídas fotográficas, charlas, conferencias, e impulsaranse exposicións e outras actividades encamiñadas a desfrutar da fotografía.
As persoas interesadas en contactar cos representantes deste novo club local poden facelo a través do correo electrónico: clubfotografianaron@gmail.com.
Ferreiro felicitou aos representantes do Club de Fotografía Narón por constituír esta nova entidade e comprometeu o apoio do Concello de Narón á hora de programar actividades dirixidas á cidadanía.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal