Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MÁIS DE CATROCENTOS ESCOLARES DE NARÓN ASISTIRON A UNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL PROGRAMADA NO AUDITORIO CON MOTIVO DO 25N
MÁIS DE CATROCENTOS ESCOLARES DE NARÓN ASISTIRON A UNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL PROGRAMADA NO AUDITORIO CON MOTIVO DO 25N
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, asistiu á convocatoria, na que se proxectou a obra "O país dos mandóns", da compañía Ghazafelhos, e sobre a temática da igualdade
Narón, 22 de novembro de 2019. A cidade acolleu esta mañá un dos actos do programa conmemorativo do 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero. O mal tempo impediu realizar a quinta edición da Marcha ciclista pola igualdade, prevista para esta mañá e na que ían participar 414 alumnas e alumnos de centros de ensino da cidade. Finalmente os escolares chegaron en autobuses á Praza de Galicia para asistir ao espectáculo teatral “O país dos mandóns”, da compañía Ghazafelhos, que deu comezo sobre as 11.30 horas. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, estivo tamén presente na convocatoria.
Os rapaces e rapazas, de quinto e sexto curso de Primaria dos centros da Solaina, A Gándara, Santiago Apóstol, Virxe do Mar e Ayala pudieron degustar pezas de froita antes de abandoar o Auditorio cara aos seus respectivos centros de ensino e tamén recibiron un agasallo por participar. O espectáculo que presenciaron é resultado dunha proposta baseada en tres contos da colección “A igualdade conta”.
O vindeiro acto do programa do 25N en Narón terá lugar o luns, ás 12.00 horas na Praza da Gándara, donde se procederá a ler un manifesto contra a violencia e se realizará unha ofrenda floral ante o Monumento á Muller. Este acto está aberto á participación da cidadanía en xeral e, tal e como indicou a edil de Ensino, ao mesmo está prevista a asistencia, se as condicións meteorolóxicas o permiten, do alumnado e profesorado do colexio Santiago Apóstol de Narón, unhas setecentas persoas, que tamén prevén ler un manifesto na citada ubicación.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal