Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A CONCELLEIRA DE IGUALDADE ASINOU HOXE EN LUGO A ADHESIÓN DO CONCELLO Á CAMPAÑA "EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS"
A CONCELLEIRA DE IGUALDADE ASINOU HOXE EN LUGO A ADHESIÓN DO CONCELLO Á CAMPAÑA
Mar Gómez destacou a importancia do traballo conxunto das administracións co conxunto da sociedade para erradicar a violencia de xénero
Narón, 22 de novembro de 2019. A concelleira de Igualdalde de Narón, Mar Gómez, desprazouse esta mañá a Lugo para asistir ao acto institucional de asinado do “Protocolo de colaboración para o desenvolvemento da quinta edición da campaña En Negro contra as violencias”, á que un ano máis se adheriu o Concello de Narón. A convocatoria tivo lugar ás 12.00 horas no Centro Cultural O Vello Cárcere.
Mar Gómez incidiu en que a través desta campaña xa se están desenvolvendo actividades en Narón, no marco do programa do 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero. “O Concello de Narón está comprometido na loita contra calquera manifestación de violencia en xeral e a exercida contra as mulleres en particular, polo que a maiores das actividades que se levarán a cabo ao longo deste mes na cidade, continuaremos impulsando o resto do ano iniciativas con diferentes colectivos sociais co obxectivo de erradicar este tipo de condutas”.
Nos obxectivos do propio Plan Municipal de Igualdade de Narón –a segunda edición- recóllese a necesidade de visibilizar a loita real contra a violencia de xénero, tal e como recordou Gómez, que subliñou a importancia do traballo conxunto entre as administracións e os diferentes colectivos da sociedade para erradicar a lacra social que supón a violencia de xénero.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal