Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "HIXIENE ALIMENTARIA PARA MANIPULADORES DE ALIMENTOS"
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, explicou que hai un total de 20 prazas que se dirixen a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón
Narón, 25 de novembro de 2019. O Concello convoca un curso sobre “Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos” para o que se abrirá mañá o prazo de inscrición. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, explicou que a convocatoria, cun total de vinte prazas, diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón. O prazo de inscrición permanecerá aberto dende mañá ata o 3 de decembro ás 13.30 horas, e as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. O curso impartirase no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, o día 11 de decembro, entre as 9.00 e as 14.00 horas. O alumnado asistirá a un total de cinco horas de formación nas que en tres delas abordaranse os obxectivos da formación en manipulación de alimentos, a pirámide dos alimentos, as funcións dos alimentos, necesidades alimentarias da poboación, trazabilidade e seguridade alimentaria, etc. e tamén terán unha hora de formación específica de auxiliar do sector de alimentación e comercio e outra sobre auxiliar do sector de hostalaría. As solicitudes de inscrición poden presentarse no Rexistro do Concello, na Sede Electrónica ou a través dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para obter máis información pódese consultar o apartado de Formación da páxina web do Concello –www.naron.es- ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Consistorio ou no número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal