Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PROGRAMA DE FORMACION E ASESORAMENTO PARA ASOCIACIÓNS DE NARON
PROGRAMA DE FORMACION E ASESORAMENTO PARA ASOCIACIÓNS DE NARON
Se celebra no mes de marzo e os interesados poden descargar aquí a solicitude e presentala no Rexistro Xeral do Concello
A Concellería de Participación Cidadá, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de organizar un programa de Formación e Asesoramento para asociacións. O programa consiste en reforzar a formación dos directivos do movemento asociativo, para que poidan traballar e tramitar con maior fluidez e rigor as subvencións das administracións públicas, organizar programas e financialos, e fortalecer as estratexias de cooperación entre asociacións para desenvolver programas de xeito conxunto.

As entidades que estean interesadas en participar, poden descargar a solicitude que aparece nesta páxina, cubrila e entregala no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 8:30 a 13:30 horas, de luns a venres.

O programa de Formación e Asesoramento para entidades consta de tres seminarios, impartidos por expertos en xestión e financiación de organizacións sen ánimo de lucro. Terán lugar na sala de conferencias da Biblioteca Municipal, e o programa é o seguinte:

Seminario 1: cómo elaborar un programa de actividades, cómo executalo e cómo financialo.
Seminario 2: a lei de subvencións, solicitude de subvencións, xestión e xustificación.
Seminario 3: cooperación e colaboracións entre asociacións: unha necesidade do movemento asociativo.

Cada seminario estará composto por un módulo de 5 horas, divididas en dúas sesións de 2 horas e media de duración en días consecutivos. Se desenvolverán no mes de marzo, ó longo de tres semanas a razón de un seminario por semana. As datas son as seguintes: dias 3 e 4, días 10 e 11, e días 24 e 25.

Ó finalizar estos seminarios, o Concello complementará a formación das asociacións coa posta en marcha dun servicio de asesoramento a través dun técnico consultor, que estará ó servicio de tódolos directivos do movemento asociativo e os seus colaboradores para informarlles sobre calquera dos temas expostos nas xornadas de formación.

Este servicio prestarase en duas versións: por teléfono (no número 900 878 948) ou correo electrónico (asesoraentidades@naron.es), e tamén de xeito presencial para poder atender ás consultas de maneira individualizada e personalizada. O servicio estará instalado no 1º andar da Casa da Cultura de Narón.


Descarga de archivos
SOLICITUDE SEMINARIOS DE FORMACIONTamaño: 41,50 KBDescargar
CALENDARIO SEMINARIOS DE FORMACION E ASESORAMENTOTamaño: 44,50 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal