Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MÁIS DE SETECENTAS PERSOAS PARTICIPARON NO ACTO INSTITUCIONAL DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
MÁIS DE SETECENTAS PERSOAS PARTICIPARON NO ACTO INSTITUCIONAL DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, leu o manifesto do 25N nunha convocatoria na que participaron alumnado e profesorado do colexio Santiago Apóstol, representantes de asociacións e outras veciñas e veciños da cidade
Narón, 25 de novembro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, a concelleira de Igualdade, Mar Gómez, e representantes dos partidos políticos da corporación local desprazáronse este mediodía á Praza da Gándara para participar no acto oficial organizado polo Concello con motivo do 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero. A convocatoria incluíu varias propostas nas que participaron alumnado e profesorado do colexio Santiago Apóstol, representantes de asociacións e outras veciñas e veciños da cidade.
A alcaldesa e a edil de Igualdade agradeceron a participación de todas as persoas que se sumaron ao acto, no que alumnado do Santiago Apóstol colocou unhas cintas de cor lila con mensaxes a favor da igualdade e contra a violencia nunha celosía; interpretaron e leron un conto sobre a Igualdade protagonizado por unha princesa da Igualdade, leron mensaxes contra a violencia e, os de menor idade, amosaron a pancarta realizada a prol da Igualdade. Unha representación das mulleres que realizaron cursos de Igualdade tamén interviñeron no acto, lendo frases sobre a igualdade.
Marián Ferreiro dirixiuse aos presentes para recordar ás vítimas da violencia de xénero. “Vítimas inocentes dunha lacra social que temos que erradicar entre todas e todos e, para avanzar cara a ese ansiado obxectivo, dende o Concello sumámonos un ano máis á campaña “En Negro contra as violencias”. No manifesto do 25N a alcaldesa da cidade recordou as 51 mulleres asasinadas no que vai de ano a mans das súas parellas e condenou a violencia en xeral e a de xénero en particular. “Sabemos que a morte é a última e máis extrema das violencias machistas, pero que son moitas máis e de moi diferentes formas as violencias que rodean e perseguen ás mulleres”, indicou, incidindo na importancia da prevención e reiterando o compromiso do Concello de Narón na loita contra a violencia de xénero.
As edís de Igualdade e Ensino, Mar Gómez e Mercedes Taibo, respectivamente, desprazáronse tralo acto á exposición que pode verse no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros con traballos sobre a igualdade e contra a violencia realizados por alumnas e alumnos de quinto e sexto de Primaria de centros de ensino da cidade.
Esta mesma tarde continuará a programación do 25N na cidade, concretamente na Axencia da Lectura da Solaina, donde entre as 18.00 e as 19.00 horas terá lugar a elaboración e exposición dun deseño no que se constatará o rexeitamento á violencia. Nenas e nenos de 7 a 12 anos serán os encargados de realizar este deseño, que mañá, nas mesmas instalacións e á mesma hora, realizarán menores de 3 a 6 anos. As actividades na Axencia de Lectura da Solaina completaranse con xogos cooperativos para a prevención da violencia.
Tamén esta semana, o venres –entre as 17.00 e as 18.30 horas- haberá actividades na Axencia de Lectura da Solaina, nesa ocasión a proxección de “Arturo y Clementina”, un audiovisual dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, sobre o tema da igualdade. Os menores participarán nun debate posterior á proxección para analizar as mensaxes que se trasladan a través da mesma. Así mesmo, o venres 29 o local social da Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña”, de Pedroso, acollerá ás 20.30 horas o espectáculo teatral “O rueiro das liortas”, da compañía Elefante Elegante e para nenas e nenos a partir de 8 anos.
A última das citas do programa do 25N na cidade terá lugar o sábado día 30 na Biblioteca municipal do Alto, donde ás 11.00 horas comezará o contacontos “Conto con xogo”, unha sesión que inclúe xogos de cooperación para a igualdade de xénero dirixidos a menores de 4 a 9 anos. As inscricións para participar nesta actividade poden formalizarse a partir de mañá martes, ás 16.00 horas, no mostrador da sala de adultos da Biblioteca ou chamando por teléfono ao número 981 382 173.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2020 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal