Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA E A CONCELLEIRA DE TURISMO ENTREGARON OS PREMIOS DO "X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
A ALCALDESA E A CONCELLEIRA DE TURISMO ENTREGARON OS PREMIOS DO
Marián Ferreiro e Natalia Hermida felicitaron aos tres premiados nesta edición do certame e agradeceron a participación de tódalas persoas que presentaron imaxes
Narón, 26 de novembro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, entregaron esta mañá no Concello os premios correspondentes ao “X Concurso de Fotografía Cidade de Narón”. Foi un veciño de Narón, Daniel Lois Otero, o gañador do primeiro premio, dotado con 750 euros, pola imaxe “Lopesa Galáctica”. O segundo premio foi para Marcos López Alonso, de Ferrol, por “Lavorando na feira”, que obtivo 300 euros, e o terceiro para Alberto Leiras Cabanillas, que gañou 150 euros pola imaxe “O meigo da Pena Molexa”. Marián Ferreiro e Natalia Hermida felicitaron aos tres gañadores desta edición do certame polo premio e destacaron a calidade das imaxes presentadas ao certame. “Un ano máis, editaremos coas doce imaxes que obtiveron a mellor puntuación do xurado un calendario de sobremesa que unha vez editado, nos primeiros días decembro, poderán recoller os veciños e veciñas no Concello” avanzou a alcaldesa.
Os tres premiados explicaron como e cando realizaron as imaxes presentadas a esta edición do certame e agradeceron o premio recibido por obter as tres mellores puntuacións. Tres fotógrafos profesionais, Carlos Carballeira, Kiko Delgado e Jesús Taboada, formaron parte do xurado que se reuniu no Concello o pasado 29 de outubro para valorar 92 imaxes presentadas –baixo seudónimo- por un total de trinta e catro persoas de Narón e doutros concellos. O impacto visual, a calidade técnico-artística e a creatividade, foron os aspectos que puntuaron –de 1 a 10- os integrantes do xurado.
As persoas que desexen ver as imaxes que ilustrarán o calendario de 2020 poden facelo a través da páxina web do Concello de Narón, a través do enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/Concurso-de-Fotografia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal