Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A CELEBRACIÓN DO "XXXIV MEMORIAL ADOLFO ROS-VOLTA Á RÍA" IMPLICARÁ O DOMINGO VARIAS RESTRICIÓNS NO TRÁFICO RODADO
A CELEBRACIÓN DO
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, explicou que algún tramos da estrada de Castela e outros viais do termo municipal estarán afectados temporalmente polos cortes durante a celebración do evento
Narón, 27 de novembro de 2019. A celebración do “XXXIV Memorial Adolfo Ros-Volta á Ría”, o vindeiro domingo día 1 de decembro, implicará unha serie de restricións no tráfico rodado no termo municipal durante o desenvolvemento da proba. Entre as 9.45 horas e as 11.00 permanecerá cortada ao tráfico a estrada de Castela entre o cruce da Faísca e a rotonda de Freixeiro, no sentido de circulación Narón-Neda, habendo un carril habilitado no sentido Neda-Ferrol. Así mesmo, para as carreiras das categorías de nenas e nenos, cortarase durante 45 minutos aproximadamente, a partir das 10.00 horas, o Camiño do Pino e os viais Fonte de Leixa e Camiño do Lodairo cara á estrada de Castela.
O tráfico rodado en dirección Ferrol-Narón tamén se cortará entre o Concello e a Ponte das Cabras entre as 11.00 e as 12.00 horas aproximadamente (estando aberto no sentido Narón-Ferrol nun sentido de circulación). Neste tramo, as interseccións coa estrada de Castela na marxe esquerda (dirección Narón-Ferrol) estarán pechadas de xeito alternativo.
Dende a área de Seguridade Cidadá recalcouse que todos estes cambios provisionais para o desenvolvemento deste evento deportivo estarán debidamente sinalizados e tamén haberá persoal de Protección Civil, do Speis de Narón, da Policía Local e voluntarios de distintos clubs e entidades nos tramos afectados, co fin de garantir a máxima seguridade.
Os cortes de tráfico afectarán tamén de maneira consecutiva, a medida que avanza o evento, aos concellos de Neda, Fene e Ferrol, tal e como recordaron dende a concellería de Seguridade Cidadá.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal