Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS OBRADOIROS DO PROGRAMA MUNICIPAL "PRAZAS VIVAS" COMEZARÁN MAÑÁ NA GÁNDARA
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, presentou a programación, que comeza mañá e que se desenvolverá durante todo o mes de decembro
Narón, 28 de novembro de 2019. Un ano máis o Concello de Narón pon en marcha o programa Prazas Vivas, a través do que se realizarán varios obradoiros e se decorarán as carrozas dos barrios e parroquias da cidade que participarán na Cabalgata Solidaria o vindeiro mes de xaneiro. A primeira das citas será mañá, día 29, na Praza da Gándara, entre as 16.30 e as 18.30 horas, se ben en caso de mal tempo a cita trasladarase, nese mesmo horario, ao Centro Cívico Social da Gándara. O sábado 30 será o turno do barrio da Solaina, donde entre as 11.30 e as 13.30 se realizarán os diferentes obradoiros na Praza da Constitución (ou no pavillón do CEIP da Solaina, en función da climatoloxía). Trátase de obradoiros interxeracionais, de balde e abertos á participación da cidadanía en xeral. Os asistentes terán a oportunidade de participar en obradoiros de chapas, de experimentos de ciencia, de globoflexia e pintacaras, de graffite, de coches de radiocontrol e de circo, así como nun específico para os deseños das carrozas dos barrios e parroquias da cidade para a Cabalgata. Tamén haberá sesións de xogos tradicionais. No mes de decembro o programa Prazas Vivas chegará o día 6 á parroquia de Doso, nas inmediacións do Centro Cívico Social (ou no propio centro en caso de choiva) e o día 7 no Alto do Castiñeiro, na pista de San Xosé Obreiro (ou como alternativa o Centro Cívico Social), en ambos casos de 16.30 a 18.30 horas. A seguinte semana, o día 13 terá lugar a cita no Couto, no Centro Cívico Social (ou arredores) de 16.30 a 18.30 e o día 14 no Val, no Centro Cívico Social (ou arredores) en horario de mañá, de 11.00 a 13.00. O turno do barrio de Xuvia será o 20 de decembro, no paseo marítimo se o tempo o permite ou no patio cuberto do CEIP Ponte de Xuvia, de 16.30 a 18.30 e nese mesmo horario programouse en Freixeiro, no parque (ou cambiaríase a data prevista en caso de mal tempo), o 21 de decembro de 16.30 a 18.30 horas. A maiores, tamén se levará a cabo o programa Prazas Vivas nas parroquias de Pedroso, San Xiao, San Mateo e Sedes, en datas pendentes de determinar. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, animou ás veciñas e veciños “a participar neste programa, concebido a modo interxeracional con propostas para persoas de diferentes idades e nas que poder compartir tempo de lecer cos nosos veciños e veciñas”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal