Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN TERRA RENDIBLE NA XORNADA SOBRE "XESTIÓN INTEGRAL DE TERRAS E MONTES" QUE SE CELEBRARÁ NO VAL
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN TERRA RENDIBLE NA XORNADA SOBRE
A convocatoria terá lugar este sábado pola mañá e está aberta á asistencia de público xeral, tal e como anunciaron esta mañá os edís de Medio Ambiente, Santiago Galego e Promoción Económica, David Pita, e o secretario da asociación, Juan Luis Casal
Narón, 28 de novembro de 2019. Os concelleiros de Medio Ambiente, Santiago Galego e Promoción Económica, David Pita, presentaron esta mañá xunto co secretario da asociación agroforestal Terra Rendible, Juan Luis Casal, a xornada sobre “Xestión integral de terras e montes” que terá lugar este sábado, día 30, no salón de actos da cooperativa do Val. No acto Pita destacou a aposta do Concello por esta asociación, en referencia ao “extraordinario traballo que realiza de recuperación de especies arbóreas e terreos improdutivos, así como do sector forestal en xeral e a nivel de concienciación e orientación sobre as especies que convén plantar en cada caso”. Os edís naroneses agradeceron a colaboración da Cooperativa do Val, que cede as instalacións para poder desenvolver estas xornadas.
O concelleiro de Promoción Económica destacou tamén a importancia de este tipo de entidades de cara a “informar á cidadanía sobre as posibilidades que ofrece o sector a nivel empresarial”.
Pola súa banda, o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, incidiu na relevancia de recuperar especies autóctonas e de ofrecer o asesoramento preciso aos propietarios de terreos para poder obter a mellor rendabilidade coas plantacións. “Realizan tamén unha importante labor de limpeza e conservación e prevención de incendios forestais”. Sobre a xornada recalcou que “é moi interesante e teremos a oportunidade de coñecer non só información básica, senón máis polo miúdo dos produtos e do que podemos facer con eles”.
O secretario de Terra Rendible explicou que a presentación da xornada será ás 9.30 horas, para a continuación, sobre as 9.40, comezar a primeira das charlas, sobre “O castaño, a súa produción e enfermidades”, a cargo de Antonio Rigueiro, Enxeñeiro de Montes e catedrático da USC. Unha vez rematada a súa intervención, sobre as 10.40 horas, será o turno do tamén enxeñeiro agrónomo Francisco Otero, que falará sobre “As manciñeiras, variedades de Mesa de Sidra. Produción e perspectiva de mercado”. A convocatoria inclúe ademáis, ás 11.40 horas, unha degustación de zumo de mazá, bebida vexetal de castañas, marmelada de mazás e ortigas… , todo a cargo de Rosa Paula Patiño, Medalla de Bronce Dalemain Marmelada Awards, en febreiro de 2015. E, finalmente, ás 12.15 horas iniciarase a última das ponencias, da enxeñeira forestal Blanca Rodríguez, que falará aos presentes sobre “Os piñeiros e as súas variedades. A vida dende a plantación ata o aserradeiro. Evolución do mercado”.
Finalmente, Juan Luis Casal, agradeceu a colaboración prestada polo Concello para poder levar a cabo esta actividade, unha axuda que calificou de “indispensable”. “Aínda que Narón é unha cidade ten zonas totalmente agrarias que hai que poñer a producir con especies de calidade e sostibles”, asegurou. O representante da entidade indicou que “é moi importante concienciar á xente e animala, explicándolle que a unión é fundamental de cara a presentar no mercado producións importantes”.
Os concelleiros Santiago Galego e David Pita animaron ás veciñas e veciños a acudir o sábado á convocatoria.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal