Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A CONCELLERÍA DE FORMACIÓN ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UN CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS, NIVEL BÁSICO, DIRIXIDO A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO
A CONCELLERÍA DE FORMACIÓN ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UN CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS, NIVEL BÁSICO, DIRIXIDO A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou a apertura, mañá martes 3 de decembro ás 8.30 horas, do prazo de inscrición para participar neste curso, dito prazo rematará o día 11 de decembro ás 13.30 horas. Neste curso ofértanse 20 prazas e impartirase no Centro de Formación municipal "Irmás Froilaz" da Gándara
Narón, 02 de Decembro de 2019.- O Concello convoca un curso de Primeiros Auxilios, nivel básico, dirixido a persoas desempregadas e empadroadas no concello de Narón e maiores de 18 anos. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou a apertura, mañá martes 3 de decembro ás 8.30 horas, do prazo de inscrición para participar neste curso, dito prazo rematará o día 11 de decembro ás 13.30 horas.
En total ofértanse 20 prazas. O curso terá unha duración de 5 horas e se impartirá no Centro municipal de formación “Irmás Froilaz” de A Gándara e a data prevista para a súa realización é o día 18 de decembro de 2019, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Os contidos do curso versarán sobre definición de primeiros auxilios e terminoloxía sanitaria básica; principios dos primeiros auxilios - a conduta PAS; avaliación inicial e secundaria; soporte vital básico; DESA; posicións – PLS – Rauteck; mobilización e inmobilización; manobra de Heimlich – OVACE; traumatismos e feridas, hemorraxias e queimaduras.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Rexistro do Concello –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.30 horas-, na Sede Electrónica ou a través dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O alumnado seleccionarase por rigurosa orde de inscrición.
Para obter máis información pódese consultar o apartado de Formación da páxina web do Concello –www.naron.es- ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Consistorio ou no número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal